Hoxe os deixamos unha proposta para traballar a autoestima e a linguaxe oral, esta baseada no
libro “Burbujas de paz” de Sylvia Comas. A actividade ten o nome de “ Recoñecer
o bo nunha/nun mesma/o, e nas/os demais, debuxando unha flor.
Cada
participante debuxa unha flor grande nun folio, ou podedes imprimir o modelo ou
incluso podemos recortar anacos de papel en tiras para escribir ( os pétalos
poden ser o mesmo número que de participantes ou o dobre no caso de ser poucos
participantes) no centro da flor colocamos o noso nome en nun pétalo escribe
algo que lle gusta de sí mesma/o, ou do que se sinta orgulloso/a.
Cada membro pasa
a súa folla á persoa que ten a esquerda, esa persoa escribe nun ou dous pétalos
(segundo os membros a xogar) algo que lle gusta da persoa que figura no interior
da flor. Ao rematar verbalizamos o que puxemos na flor.
Podemos adaptar
a proposta segundo a idade e a estrutura familiar, por exemplo facer debuxos en
vez de escribir palabras (debuxar un sorriso para describir simpática...) ou utilizar dous pétalos se somos poucos os participantes. O
importante é a finalidade, e dicir, estimular a capacidade de recoñecer e
apreciar o bo que hai en nos mesmos/as e nos /as outros/as e expresalo de forma coherente. Unha aperta enorme e a crear.
EXEMPLOS: recortando tiras de papel e formar unha flor
Imprimir ou debuxar unha flor e escribir ou debuxar nos pétalos
¿Que lle pasará a Aúpa cando descobre que o protagonista do "Conto de antes de durmir é un gato???
Antes de durmir, cóntolle un conto a Aúpa.... Hoxe tocou Pete the Cat. A maioría dos nenos/as xa coñecen o conto, xa que o contamos na aula varias veces. Se hai algún/ha que non o coñeza, non hai problema, porque a historia séguese ben.
Cando Aúpa descobre que o protagonista é un gato, escapa correndo, e sabe dun sitio onde non a vai coller..... Mirade, mirade!
(Debaixo do vídeo déixovos unha proposta)
(Aínda non controlo moi ben a APP dos vídeos, por iso se ve tan pequeno; se o vedes dende o teléfono, poñéndoo en horizontal, vese un chisco máis grande)
Coma sempre, ver se entenden o contexto xeral na primeira reproducción, e, nas seguintes, animádevos a preguntarlle se recoñeceron algunha palabra ou expresión.
Elaborei un xogo de proba, por se queredes facelo, para despois de ver o vídeo. É preciso descargar unha APP. É moi sencilliño, non necesitades rexistrarvos, póñovos aquí as instruccións:
1* Descargar a APP: Make It- Create Educational Games.
2* Moi importante: Ao entrar, daravos a elixir entre profesor ou estudante, elixide ESTUDANTE
3*Poñede o nome do neno/a (sen apelidos) cando volo requira a APP especificando a aula na que está; exemplo: María3anos
4*Na parte esquerda arriba, ides a Mi aula (My classroom) e inserides este código: UFQZYC (maiúsculas)
5*Abaixo, hai tres pestanas, tedes que entrar na que pón: Code (Código) e inserir o seguinte número: 840130.
6* Aí vos aparece o proxecto Pete the Cat para poder xogar (son varias diapositivas, premede Next cada vez que fagades unha).
É RECOMENDABLE QUE O FAGADES VÓS PRIMEIRO ANTES DE ENSINARLLO A ELES/AS.
Sempre que vos atopedes un altavoz vermello nas diapositivas, premede primeiro sobre el, e despois intentade
xunto con eles/as contestar ás preguntas. Resultará complicado ao principio, sobre todo para os máis
pequenos/as, xa que a forma escrita en inglés, case non se traballa en Infantil; pero o importante é
que poidan distinguir algunha palabriña, entender a pregunta xeral, e que poidan escoller oralmente
entre as opcións que lle dá a pregunta (acompañade sempre a pregunta de xestos); á hora de escribir
ou premer sobre a correcta, axudádelle vós. Hai un límite de tempo para cada pregunta (120
segundos) , explicádelle que non pasa nada aínda que fallemos, porque podemos xogar todas as
veces que queiramos ata conseguilo! E así, van interiorizando as palabras "en bloque" ( aprender a
identificar a palabra en inglés sen separala por letras, iso poderíalles crear confusión, xa que están
aprendendo a escribir na súa lingua e é moi diferente). Por iso, nas diapositivas que é preciso formar
palabras, movede vós as letras para eles/as vexan o resultado final.
Fago este de proba, esperando as vosas opinións para saber se lles gustan este tipo de xogos, ou os
atopan demasiado complicados; as primeiras veces que o fagades, seguro que si vos resultará un
chisco difícil, pero como non hai límite para repetilo, intentádeo en tres ou catro ocasións, para ver se
así podedes "collerlle o gusto".
Non desisntaledes a APP, porque en caso, de gustarvos os xogos, podo seguir na mesma liña.
Grazas por todo e ánimo!
Seguen a chegarnos instantáneas nas que apreciamos numerosas PROPOSTAS
deseñadas con esmero e agarimo polas familias. Poder ser partícipes deste feito,
énchenos de ledicia!
Estas fotografías, tamén
lles permite @s nen@s observar ós seus amigos e ás súas
amigas da escola, neste tempo que temos que permanecer nas nosas casas.
Sigamos desfrutando da súa enerxía e os seus sonrisos na
distancia!
Seguimos aprendendo sobre a historia de Houda; desta vez, imos adicarlle unhas palabriñas ás persoas que nos necesitan. Temos que buscar só unha palabra para cada espazo que temos.
Falamos con eles/as, recordamos a historia se é preciso, e deixamos sacar a nosa parte máis emocional e empática. No medio pegamos unha fotografía, ou se non temos, podemos debuxarnos.
Despois, pensamos nunha bandeira que inclúa ao mundo enteiro. Que cremos que debería aparecer nesa bandeira?
Rematamos a historia de Houda, facendo unha autoavaliación; "paseamos" por todas as páxinas, e recordamos todo o que fixemos e sobre o que falamos para contestar a cada pregunta onde, tal e como vemos aí, debemos rodear "Moito", "Pouco" ou "Nada". Axudámoslle a sacar verbalmente as conclusións que seguro están a nivel emocional; soemos saber poñer palabras aos sentimentos de alegría, pero aos de tristeza cústanos un pouco, non si? É importante traballar tamén estes sentimentos e o xeito de expresalos dende idades temperás; non hai nada malo en que algo nos emocione; en moitas ocasións, se sacamos o que temos dentro cara fóra, podemos axudar a entrenar a nosa empatía.
Personalmente, esta historia, foi unha das que máis me gustou facer, xunto con Chus, a outra autora de Valentes; tén moitísima carga emocional, e así mo demostraron os Peixiños/as cando empezamos a traballala na aula: o que estaba planeado para unha sesión (ver o vídeo), levounos tres. Pedían ver o vídeo unha e outra vez, e, velos intentar transmitir verbalmente as emocións que teñen dentro, foi, para min unha experiencia inesquecible. E, unha vez máis puiden comprobar que os prexuízos que existen sobre moitos temas, creámolos nós cando nos imos facendo adultos. Eles/as, os pequenos/as non os teñen; son totalmente puros. E, unha vez máis, me deron unha lección de vida.
Encantaríame, se non é moita molestia para vós, que me transmitírades por Abalar (os/as que non o tedes, podedes deixar algún comentario aquí, ou ben dirixilo ao mail da escola), aspectos salientables das vosas charlas sobre este tema cos pequenos/as.
E...coma sempre, moitísimas grazas pola vosa colaboración!
Aquì vos deixamos as recreacións das portadas que nos fixestes chegar.
Non sei onde lin unha vez, que, as persoas podemos atopar afinidade entre nòs segundo os libros que lemos; aquí temos o exemplo: non coñecemos aos nenos/as da EEI Rúa Aragón, pero seguro que os contos que len son moi parecidos aos que lemos nòs. Quen sabe se podemos crear unha bonita amizade grazas ás nosas Bibliotecas!
Moitìsimas grazas ás familias das dúas escolas. Sodes estupendas!
O que nos gustan a nós, as diferentes texturas, para a súa experimentación
a través do xogo!
É por iso, que vos
propoñemos diversas actividades con pasta, arroz, garavanzos, fabas e múltiples
sementes das que dispoñades nas vosas casas. A través deste recurso pódense realizar unha gran variedade de actividades:
SENSORIAS e de MANIPULACIÓN: pódese optar por tinxir a pasta ou
deixala como está. Se a tinximos, o podemos facer en crúo ou estando
previamente cocida. Se o facemos con colorante alimenticio e a cocemos, @s
nen@s, incluso a poderán comer. Se queredes tinxila e non tedes nin pintura, nin
colorante alimenticio, podedes optar por colorantes naturais.
Xogar aos MINIMUNDOS
Facer xogos de LETRAS e NÚMEROS
Construír MANDALAS e recorrer múltiples TRAZOS
Crear verdadeiras obras de ARTE
Representar a FIGURA HUMANA e facer MONEC@S: podedes facer plastilina caseira (3 medidas de fariña, 1 medida de sal fina,1 medida de auga, 3 culleradas de aceite e colorante).
A lingua de signos fainos partícipes do mundo
no que nos rodea e permítenos coñecer a diversidade lingüística que existe. De
aí a importancia de incluíla nas nosas vidas dende idades temperás.
A continuación "Bo día" e "Los días de la Semana" dúas cancións que tiñamos na nosa rutina.
Como xa sabedes estes días están sendo diferentes para todas e
todos nós. Dende a escola gustaríanos trasladaros a importancia de establecer
certas rutinas diarias para facilitar o confinamento e procurar que a volta a
normalidade sexa progresiva e non supoña, na medida do posible, un cambio brusco
e radical.
É interesante que as rutinas as acordemos entre nós e as nenas e nenos, que participen nas decisións que se acorden e dese xeito tamén sentirán a responsabilidade de cumprir con algo que eles e elas mesmas axudaron a concretar.
Nova entrega de One Minute English Lessons!
Adicámoslla aos números.
Coma sempre, o importante é que comprendan o que sucede no vídeo, nas primeiras reproduccións.
É un xogo que seguro que algunhas familias xa coñecedes; moi sinxeliño pero axúdalle moito non só para repasar os números en inglés, senón tamén para a coordinación visual e espacial ao ter que comparar o papel que teñen fóra co que está dentro da bandexa con fariña para localizar os números.
Vós podedes facelo ao voso gusto segundo vaian controlando os números: para os máis pequenos/as poñelos en orden e elixir a secuencia que se adapte a eles/as: por exemplo comezar só do 1 ao 5, e a maior control, maior dificultade: números desordenados e maior cantidade.
Vós dicides os números, e os pequenos/as, a buscar! E despois, intercambiar roles!
Podemos aproveitar tamén para ver algunhas expresións e vocabulario, como por exemplo:
-Flour (Fariña), paintbrush (pincel), tray (bandexa)
-Game over (cando os xogos rematan)
-Sorry (pedimos perdón)
A "nota importante" do final do vídeo, considerei poñela para os/as que tedes animais na casa: por se algún neno/a quere facer o mesmo, quero que entendan, que non a todas as mascotas lles divirte o mesmos xogos :)
Recordade que todas as propostas que vos fago, non son para facer no mesmo día, podemos repartila en días diferentes segundo vexades de ánimo aos pequenos/as: un día ver o vídeo, outro preparar o material para o xogo, e buscar e escoitar a canción completa e bailala: "Five little monkeys" (xa a coñecen da escola), ó seguinte xogar... como creades convinte; así podedes intercalar no mesmo día, as diferentes propostas que se ofertan durante toda a semana no blogue; é un xeito de variar de actvidades durante o tempo diario que estades adicando a todo que vos propoñemos.
Espero que vos guste!
Dendo o DO enviamos un arquivo con recomendacións tanto para @s peques coma para @s adultos, tamén tedes un modelo de horario que se pode facer cos peques para seguir unhas rutinas e un panel de control das emocións, son sólo exemplos pero esperamos que vos axuden a levar mellor esta corentena. Biquiños
Traemos unha nova proposta para a Semana do Libro.
Tivemos en conta os vosos comentarios sobre a de Arte; moitos de vós nos contastes que lles divertiu moito facelo, así que propoñemos algo parecido para o Día do Libro. Que tal se recreades a portada dalgún conto que vos guste moito?
As profes xa fixemos as nosas... desta vez unímonos coa Escola Infantil Rúa Aragón, que tén unha Biblioteca moi parecida á nosa e que a Teacher lle gusta moito visitar todos os xoves cando vai dar a clase de Inglés.
Coas portadas que enviedes durante esta semana ( ata o venres podedes envialas ao correo eei.montedaguia@edu.xunta.gal ), faremos un vídeo que publicaremos no blogue.
Deixade voar a imaxinación! Seguro que nos sorprendedes!
Aquí vos deixamos o noso vídeo xunto coas profes da EEI Rúa Aragón. Esperamos que vos guste.
Todos os recursos están permitidos!
Seguimos traballando coa historia de Houda.
Recordámola, e se é preciso volvemos a vela escaneando o QR.
Nesta fotografía, vemos familias moi diferentes entre si, falamos sobre elas e deixamos que eles/as saquen as súas conclusións.
Todas se encandran no concepto de familia, como Matías e Xulián, que lle deron a Houda todo o amor do mundo e conseguiron que ela fose feliz para sempre, sen esquecer a Hala e a Samir.
Nesta fotografía, traballamos sobre o mapa. Localizamos onde vivimos nós e onde vivía Houda, en Siria. É, un "achegamento" aos mapas xeográficos, xa que é un concepto moi difícil para eles/as, o que pretendemos é, sinxelamente que o recoñezan, sen profundizar; falar sobre que aínda que pareza que está preto como o vemos no mapa, a realidade é moi diferente porque o mundo no que vivimos é moi grande e sería imposible debuxalo (podemos ensinarlle outros mapas que só sexan de España, outros de Galicia, e así poden recoñecer as formas dos lugares de xeito ampliado).
Nesta última fotografía vemos algúns dos países polos que pasou Houda, podemos reproducir a actividade nun folio, buscar as bandeiras nun libro ou na rede, debuxalas, completar o nome dos países e localizalos no mapa da fotografía anterior ( están marcados con cores).
Moitas grazas Peixiños e familias! Esperamos que para a próxima sesión de Valentes xa todos/as poidades ter o libro na casa para traballar máis a gusto.
O pasado venres día 17 de abril a Consellería de Educación publicou estas Orientacións Provisionais, pendente da publicación da normativa estatal correspondente.
Grazas, por abrirnos as portiñas das vosas casas, por transmitirnos tantas mensaxes bonitas e por ter os fillos e fillas máis valentes que se pode ter! Non sabemos cando, pero o que si sabemos é que...
A música é unha das expresións máis marabillosas do ser humano. Pode transportarnos a momentos, lugares, lembranzas, persoas... Transmítenos sensacións e permite canalizar emocións.
Que sería de nós sen música? As nosas vidas, sen dúbida, serían moi diferentes!
Ademáis, a música ten efectos moi positivos no desenvolvemento do cerebro dos nenos e nenas: aumenta a capacidade de memoria e concentración, mellora as habilidades de razoamento, favorece o desenvolvemento motriz (equilibrio, coordinación...), exercita a discriminación auditiva e a capacidade de escoita, favorece os procesos de lectoescritura (ritmo, secuencias temporais...), e un montón de cousas máis!
A nosa proposta para hoxe é darlle ao PLAY a esta playlist de Spotify, creada especialmente para vós, e sentir a música!
Para hoxe non precisades ningún material Suxerímosvos que compartades este tempo coas vosas fillas e fillos, diversión asegurada!
1- Bailar, bailar e bailar!
2- Máis difícil aínda! Baila sobre un pé, baila deitado boca arriba e boca abaixo, baila cos ollos pechados, baila descalzo...
3- Podes seguir o ritmo da canción? Intenta acompañar con percusión corporal (palmas, pés... ou calquera que ti inventes!).
4- Facer consciente as diferenzas entre unhas cancións e outras (ritmos, melodías...).
5- Que nos fai sentir cada canción?
6- A ver se consigues identificar o son dalgún instrumento!
E para rematar... animádesvos a facer esta coreografía con percusión corporal?
Hoxe as recomendacións VOLUNTARIAS para facer estes días na casa son de xogos orais, e moi importante que os peques que non pronuncien ben non angustialos nin corrixilos senón ensinarlles a colocar a lingua ou os beizos para facelo ben, sendo nós o seu modelo de imitación.
1. Facer teatros: podemos utilizar bonecos/ peluches, sombras coas mans ou figuras de papel, tamén podemos disfrazarnos con teas, pintarnos a cara e crear historias e interpretalas. Nas fotos podemos ver como facer un teatro con papel e unha lanterna ou con cartón e teas. O obxectivo e facer historias coherentes intentando seguir un orde e sobre todo pasalo ben en familia.
2. Inventar
un conto utilizando tarxetas de
contos. Eliximos 3 tarxetas: un personaxe, un lugar e un obxecto e ¡¡¡¡¡A
CREAR!!!! Non fai falta imprimir as tarxetas.
3. A APP Toontastic nos
axuda a crear historias con personaxes e escenas que despois podemos ver e sobre
todo escoitar.
4. PRAXES: "O GUSANITO" : Recordamos uns dos videos que traballamos nas aulas para facer praxes ( movementos coa boca) .
5. Actividade de sopro: soprar axuda
a musculatura dos beizos e a tomar conciencia e ter mellor coordinación da
respiración, xa que traballamos o control, a forza e a direccionalidad do
sopro.
Facer carreiras con pallas e pompons, algodón ou boliñas de Plastilina,
papel. Podemos poñer un vaso ao final do
circuíto e intentar meter a bola nel.
Espero que o pasedes moi ben, bicos e moito ánimo.
Bo día! Aquí vos deixamos unha nova lección de One Minute English Lessons.
A idea destes vídeos é que se divirtan e que non se lles faga longo; ese é o motivo polo que son tan curtos e a cámara rápida; non importa se non entenden todas as palabras e expresións, o que pretenderemos é que saiban o que pasa no contexto xeral a primeira vez que o vexan.
As seguintes veces que o vexades (recomendo non máis de tres ou catro) , xa podedes centrarvos nas palabras e expresións (insisto en que si non entendedes todas, non hai problema, pasámolo por alto, e tamén podedes xunto cos nenos/as deixar un comentario aquí preguntándome calquera dúbida); que estean a cámara rápida tamén é moi bo para acostumar o oído a escoitar debuxos animados ou contos en Inglés, onde moitas veces aparecen voces distorsionadas.
Neste vídeo traballamos as letras do abecedario xunto coas formas, e a proposta é que fagades tarxetas con todas as letras, acompañándoas dun debuxo feito coas formas que vedes.
Estas tarxetas son moi útiles para diferentes xogos :
-Dámoslle a todas a volta e adiviñamos: Where is the elephant? (aprendemos vocabulario). Podedes xogar individual, en parellas, ou en grupo rotando os turnos ata que unha persoa adiviñe.
-Memory: Con todas as tarxetas sobre a mesa: "E is for...." (eles deben recordar que figura fixeron para esa letra e buscala entre todas).
-Esconder algunhas das tarxetas pola casa (ensinamos primeiro cales son) e segundo as preguntas deben atopalas: "Where is the elephant?" e incluso podemos describir as localizacións para darlle pistas: "The elephant is under the table"
Estes xogos son só algúns exemplos, seguro que se vos ocorren moitos para xogar un anaquiño todos os días!
Espero que vos guste!
Calquera dúbida que teñades, escribídea en comentarios, estarei atenta!
Mañá martes 14 de abril comeza o trimestre máis estraño das nosas vidas... Agardamos que esteades todas ben. Temos moitísimas ganas de estar de volta nas aulas, correr polo noso xardín, facer caca de cabalo, buscar bichos por todas partes, pintarnos os puntiños, comer a nosa froitiña e o pan con aceite, festexar todas as cousas que quedaron pendentes... e darnos miles e miles de apertas! Todo chegará!!
A Consellería de Educación publicou esta tarde un comunicado dirixido ás direccións dos Centros educativos no que se indica que continúa a actividade lectiva non presencial e infórmanos, asimesmo, dunha xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores 15 de abril, na que concretarán medidas para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020.
Seguide atentas á web e ao blogue da escola. Informaremos de todas as instrucións que vaiamos recibindo.
TEMPO; Definición: magnitude física coa que se mide a duración ou separación entre acontecementos. O tempo permite ordenar os sucesos en secuencias, establecendo, un pasado, un futuro e un terceiro conxunto de eventos nin pasados nin futuros respecto doutros.
Alguén me dixo unha vez que O Tempo non ten realidade, non é tanxible, non é perceptible (vista, oído, tacto...).
Apreciamos intres de escuridade, de luz, cambios na natureza que atribuímos ao devir das estacións.
A humanidade necesita nomear o que non comprende "O Tempo". Unha serie de fenómenos atmosféricos; de segundos, minutos, horas, días... E o inabarcábel queda atrapado nas nosas mans coma un insecto.
Agora, nesta paradoxa creada pola vida, que é o Tempo?, onde está ese Tempo no que se suceden infinitas tarefas (levantarse, almorzar, vestirse, ir ao traballo, á escola... e volta).
Que facemos agora co Tempo?, ese refuxio que evita que nós miremos no espello. Cantas veces dixemos "... non teño tempo".
Para min...
Para ti...
Para ela...
Para el...
Para AMAR, COIDAR, ESCOITAR, SORRIR, VER... (A MIN, A TI).
Para observar:
Un paxaro...
Unha flor...
Unha árbore...
Un charco...
Diso si que saben as nenas e os nenos...
Tempo para saborear, ulir, tocar, sentir... É mellor agocharse dos nosos pensamentos tras ese escudo protector.
Agora é o Tempo no espello, é o tempo do revés; das crianzas que disfrutan da persoa adulta, o Tempo da familia, de escoitar a natureza... de pedirlle perdón en silencio, desde a ventá.
A natureza sempre agradece e viste as súas mellores galas, branco, azul, verde, gris, vermella... nun baile de cores, para lembranos que somos UN, que somos un TODO. Agora e... SEMPRE.
"HAZ UNA PAUSA Y RESPIRA... SUELTA Y RELAJA... ÁBRETE A LA EXPERIENCIA... ESCUCHA EN PROFUNDIDAD... HABLA DESDE TU VERDAD... CONFÍA EN LO QUE SURGE... MOMENTO A MOMENTO". Burbujas de Paz, Sylvia Comas.
Aínda que estamos de "vacacións", seguimos preparando cousiñas que faciliten a comunicación coas familias nestes momentos complicados que nos toca vivir. Agardamos que esteades todas ben, xa sabedes que para calquera cousiña que precisedes podedes contactar connosco.
Durante estes días estivemos preparando a páxina web oficial da escola, unha canle máis que pretende facilitarvos o acceso ás comunicacións "oficiais" que se fan dende o Centro, que ás veces quedaban ocultas entre as outras publicacións do blogue.
Agardamos que pasedes estes días o máis tranquiliños posible, sen sobresaltos e coidándovos moito.
Seguiremos informando das novas ou instrucións que nos cheguen dende a Consellería, e o día 14 voltaremos con máis propostiñas que vos axuden durante estes días de confinamento.
Unha aperta enorme para todas e os bicos máis especiais para as nosas formiguiñas, pitiñ@s e peixiñ@s!
Mesturamos nun recipiente coas mans a fariña co aceite. Amasamos e cando teñamos unha textura que nós guste é o momento de engadir o colorante e seguir amasando (podemos agregar un chisco máis de aceite se é necesario)
Para unha semana dura perfecto, pasado este tempo se notamos que a area está seca podemos engadir aceite.
XOGO:
Os xogos de traxectorias ademáis do compoñente lúdico, contribúen ao desenvolvemento de determinados aspectos psicomótrices (lateralidade, orientación e percepción espacial e temporal etc.). Se ademáis engadimos o sopro coa palliña, exercitamos a musculatura labial e o control respiratorio.
NÚMEROS E LETRAS:
Estas propostas de actividades para traballar contidos relacionados coas letras e os números son susceptibles de ser modificadas, utilizando materiais que estean ao voso alcance.
Sei moi ben, que os nos@s Peixiños están sendo tamén moi VALENTES.
Como Houda, lembrades?
Podedes ver a historia outra vez e facer esta pequena actividade (fotografía 1) que traballa a lóxica matemática ao mesmo tempo que o desenvolvemento da motricidade fina.
A historia podédela atopar na última entrada do blogue adicada a Valentes, pero...que vos parece se para ir directamente a ela, escaneades o código QR? Descargade calquera APP de lectura, e adiante!
Se tedes oportunidade de imprimir a actividade, xenial; para sumar, só tedes que pegar boliñas de plastilina en cada paso que dá Houda, e na caixa final, pegar tantas boliñas como sexa o resultado.
Ademáis das boliñas, se queredes que sexa máis complicado, podedes pegar enriba da plastilina os mondadentes (fotografía 2).
Se non podedes imprimir, reproducide a actividade nun folio contando coa plasti ou cos pauciños directamente enriba del (fotografía 3).
Aquí vos deixo as fotografías para que comprendades mellor.
Aquí vos deixamos o segundo capítulo de One minute English lessons.
Vai adicado ás prendas de roupa; a idea é que, se fixestes as pinzas do capítulo anterior, as aproveitemos para colgar a roupa todos os días (desenvolvemento da motricidade fina) e ao mesmo tempo aprender e repasar vocabulario das prenda de roupa que vaiades colgando.
Tamén podedes aproveitar, e ir un pouquiño máis alá, cando os maiores vos vistades pola mañá, ir decíndolle a roupa que ides poñendo: "I am wearing a T-shirt", "I am wearing a jumper"...etc (non é necesario que sexan moitas, tan só dúas ou tres cada día, e repetindo vocabulario varias veces nos días posteriores para que o interioricen.
Despois, animamos aos nenos/as a decir unha das prendas que eles/as vestiron coa mesma expresión.
Tan só nos levará cinco minutiños cada mañá pero desta maneira asimilan vocabulario e expresións ao ser nun contexto natural todos os días.
Sería bo que vírades o vídeo un par de veces sen paralo, e preguntarlle que é o que pasa, quenes son as protagonistas ou as preguntas que se vos ocurran para ver se entenderon o contexto xeral.
Unha vez entendido, podedes velo outra vez parándoo e aproveitando cousiñas como:
-Feelings: "How are you today? The teacher is bored/Aúpa is sleepy.
-Expressions: I´m like a cow with no moo"
-Pronouns: Non lle expliquedes nada, simplemente repetir as expresións "She´s wearing..." ao ouvila no vídeo e facer fincapé pronunciando máis forte o pronome "SHE"; así van interiorizando a forma correcta de empregalos naturalmente.