Mostrando entradas con la etiqueta FORMIGUIÑAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FORMIGUIÑAS. Mostrar todas las entradas

martes, 21 de diciembre de 2021

Minimundos!

O espazo é un elemento mais da aprendizaxe e debe estar acondicionado con tempo e mimo. 

A cantidade de luz, a disposición dos materias e os acordes que sonen de fondo serán elementos a ter en conta a hora de crear un ambiente de aprendizaxe e goce. 

Pequenos momentos de crear e imaxinar o mundo ideal de cada un deles e delas. Un mundo donde quizais, o verdadeiramente importante, sexa invisible aos ollos (Antoine de Saint-Exupéry).

Momentos compartidos!

Mediante a exploración das múltiples posibilidades que xorden a partir de elementos tan cotiáns, como o son o papel e o cartón, estamos potenciando o pensamento diverxente. 

Primase o inxenio e o dinamismo, onde a ledicia, a imaxinación e a frescura ofrecen libertad a hora de pensar e actuar.

Non hai unha única opción válida, senón gran cantidade de oportunidades de exploración, e por tanto, de aprendizaxe.

lunes, 20 de diciembre de 2021

Aniversarios do 1º Trimestre


No 1º trimestre do curso desfrutamos e fomos partícipes dos aniversarios de Nayma, Benjamín, Ache, Daniela e Elora. Momentos de ledicia,  compartidos cos seus amigos e amigas da aula. 

NAYMA: 26 SETEMBRO
Amoxóunos o seu xoguete preferido. Un "bebé" que a súa nai lle regalou non facía moito tempo. Quiso compartilo con todas as formiguiñas e desfrutar del durante toda a xornada.


BENJAMÍN: 28 SETEMBRO
Fíxonos gozar coas dúas pasións que ten! 
Unha delas, é o taller no que traballa o seu pai Nicolás. E a outra, e o parque de bombeiros de Teis-Vigo. Mostrounos un vídeo no que recollía momentos vividos no taller e unha tarde en compañía dos bombeiros de Teis, xunto o seu irmán Fran.

ACHE: 28 OUTUBRO
Trasmitiunos a súa devoción polos dinosauros!
Explicounos que hai moitas especies de dinosauros pero que o que máis lle gusta e o T- REX. Foi por iso que elexiu este xoguete para traer a escola e deixarllo aos seus compañeiros e compañeiras.

DANIELA: 30 OUTUBRO
Adora os disfraces e a súa persoaxe preferida e Cleopatra!
Daniela e puro teatro...encántalle bailar, cantar, actuar e disfrazarse. Quiso compartir coas formiguiñas un libro recopilatorio "Mis 5 años" no que mostra o que máis lle gusta no mundo.

ELORA: 8 NOVEMBRO
Abraiounos o seu relato sobre o que máis lle gusta facer e as persoas máis importantes da súa vida. Viu a escola disfrazada de Frozen que é a súa persoaxe preferida e amosounos un dos seus xoguetes por excelencia "un bebé".

Parabéns!!!

viernes, 2 de julio de 2021

Revista Tegriña

 Compartimos convosco a revista Tegriña deste curso "a toda cor", agardamos que vos guste!

Desfrutade do verán, familias!!



miércoles, 16 de junio de 2021

Grazas IES A Guía

Este curso foi moi diferente por moitas cousas, entre elas o non poder compartir máis actividades co IES, por iso non podemos rematar o curso sen facelo. Dende a escola propuxemos pintar a nosa parede, e como non, aceptaron con moito gusto. É un pracer volver a ver esas caras, compartindo risas e experiencias dos anos que pasaron aquí, falando coa súa mestra de infantil como se non pasaran os anos e olvidando por un intre o dificil curso que termina.

 GRAZAS  e grazas por este fermoso video.


Compartimos tamén fotiños doutras sesións de pintura dos peques da escola:


Concerto dos Escaravellos!

 O luns tivemos a sorte de escoitar e ver en directo a Pili, a nosa coidadora, co seu grupo de música OS ESCARAVELLOS. Que ratiño tan estupendo pasamos!! Mil graciñas, Escaravellos!


lunes, 7 de junio de 2021

Actividades de fin de curso!

Parece que foi onte cando estabamos reunid@s en setembro informándovos sobre o Protocolo Covid e a organización deste curso tan "particular", e xa estamos na recta final...

Non podemos estar máis agradecidas polo voso respecto e cumprimento das medidas de seguridade, polo voso apoio e agarimo sempre, ao longo deste curso tan intenso e diferente.

Grazas por cada un dos folgos que nos foron chegando día tras día, polas verbas de ánimo e alento, tan necesarias!! GRAZAS!

E para un curso "atípico", temos que organizar tamén un final "diferente", pero sempre co obxectivo de que os nenos e nenas sexan os protagonistas e desfruten de cada un dos días deste mes de xuño.

Compartimos convosco as actividades que levaremos a cabo durante este mes (CLIC NA IMAXE PARA AMPLIAR).




miércoles, 28 de abril de 2021

Ana e Nati... GRAZAS!!!

  Sempre dicimos que o noso cole ten MAXIA, porque todas as persoas que chegan aportan sempre cousas fermosas e deixan dalgún xeito a súa pegada. Tamén foi o caso de Ana e Nati, as nosas mestras de prácticas deste curso, que xa botamos en falta esta semana.

Grazas infinitas por tantos momentos compartidos, pola vosa implicación e agarimo... Contacontos teatralizados, sesións de psicomotricidade, actividades de alimentación saudable, acompañamento respectuoso aos vosos/nosos pequenos e pequenas... e un longo etcétera.

Moitos momentos fermosos que puidemos desfrutar dende novembro ata o pasado venres e que forman xa parte das nosas vivencias e quedan nos nosos corazóns.

Tedes as portiñas do cole sempre abertas, xa o sabedes. Moita sorte no camiño e esperamos a vosa visitiña moi pronto!





jueves, 25 de febrero de 2021

Levamos o teatro á escola

 Este ano non saímos ao teatro, pero esta semana tivemos a oportunidade de levar o teatro á escola grazas a esta actividade subvencionada pola nosa ANPA (grazas mil!).

O Museo do Pobo Galego enviounos esta proposta que nos pareceu moi interesante: un conto protagonizado por Raquel Queizás sobre a importancia de respectar e protexer o monte comunal.

Polo momento desfrutámola na aula de 4 e 5 anos. Próximamente tamén na de 3.

Graciñas ANPA!!




martes, 16 de febrero de 2021

O ENTROIDO DAS FORMIGUIÑAS!



💜Entroido das Formiguiñas!

Seguen a botar en falta o contacto cos maiores e @s pequech@s da escola! 
Mellores tempos virán... 
nos que poder compartir momentos e experiencias, 
enchernos das apertas e bicos que tanto anhelan,
e sen dúbida voltar desfrutar dun entroido sen restricións.




lunes, 25 de enero de 2021

jueves, 7 de enero de 2021

OS NOSOS MELLORES DESEXOS!

A miudo temos a sensación de qué o tempo voa... e efectivamente as vacacións de Nadal chegan o seu fin.

Unhas datas cheas de maxia, que as nenas e nenos gozan xa dende os preparativos... e para mostra o seguinte vídeo.

Comeza así, un novo trimestre para encher de novas aprendizaxes e múltiples aventuras.

Os nosos mellores desexos para o 2021!💚



domingo, 6 de diciembre de 2020

"Unha morea de Tiburóns, Golfiños e Baleas"

Neste primeiro trimestre, as formiguiñas, aventurámonos nun proxecto sobre os tiburóns, os golfiños e as baleas. 
O longo dos días fomos descubrindo moitos datos curiosos sobre estes seres tan extraordinarios... e todavía quedan algún máis por desvelar!


 

viernes, 4 de diciembre de 2020

domingo, 22 de noviembre de 2020

Reciclaxe útiles de escritura

Informámosvos que a nosa escola participa no programa de reciclaxe de instrumentos de escritura de Terracycle, unha empresa que se encarga dos residuos que son difíciles de reciclar.

Aquí podedes consultar os elementos permitidos, que podedes deixar no noso punto de recollida:




viernes, 6 de noviembre de 2020

"Semana do Medo"

Un pequeno resumo da "Semana do medo" das Formiguiñ@s...

 

 


 No blogge da biblio podedes botarlle un ollo ao conxuro terrorífico:

 https://bibliotegrinha.blogspot.com/2020/11/conxuro-terrorifico.html

Banda sonora de corentena

 Para animar o tempo!



domingo, 1 de noviembre de 2020

Boa Compañía e Natureza!

As formiguiñ@s, a pesar dos obstáculos e as múltiples restricións das que son partícipes no seu día a día están a desfrutar da escola coma só el@s saben... con esa enerxía inesgotable e cos seus amplos sonrisos. 
Voltaron con esas gañas de comerse o mundo e de apreciar o verdadeiramente importante da vida: a boa compañía e a Natureza. Para mostra, un vídeo recopilatorio da nosa saída "A Carballeira".

   

A Saída a contorna propiciou unha morea de actividades: recollida de follas, creación de grilandas de follas, realización de retratos otoñais, actividades de arte e luz, recollida de castañas na escola, cociñamos castañas, actividades sensoriais, actividades lóxico-matemáticas e de letras.

jueves, 18 de junio de 2020

Formiguiñas na casa!

Poder desfrutar, durante todo este tempo, dos seus sorrisos e da súa inesgotable enerxía foi un verdadeiro privilexio.
Grazas, unha vez máis, as familias por facernos partícipes na distancia.
Oxalá sexa o derradeiro vídeo que fagamos coas instantáneas que chegan dos vosos fogares! Iso, quererá dicir, que eses momentos de ledicia xa os poderemos compartir na nosa escola.

 

miércoles, 17 de junio de 2020

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails