miércoles, 15 de abril de 2020

One minute English Lessons. Chapter 3

Bo día! Aquí vos deixamos unha nova lección de One Minute English Lessons.

A idea destes vídeos é que se divirtan e que non se lles faga longo;  ese é o motivo polo que son tan curtos e a cámara rápida; non importa se non entenden todas as palabras e expresións, o que pretenderemos é que saiban o que pasa no contexto xeral a primeira vez que o vexan.
As seguintes veces que o vexades (recomendo non máis de tres ou catro) , xa podedes centrarvos nas palabras e expresións (insisto en que si non entendedes todas, non hai problema, pasámolo por alto, e tamén podedes xunto cos nenos/as deixar un comentario aquí preguntándome calquera dúbida); que estean a cámara rápida tamén é moi bo para acostumar o oído a escoitar debuxos animados ou contos en Inglés, onde moitas veces aparecen voces distorsionadas.

Neste vídeo traballamos as letras do abecedario xunto coas formas, e a proposta é que fagades tarxetas con todas as letras, acompañándoas dun debuxo feito coas formas que vedes.

Estas tarxetas son moi útiles para diferentes xogos :

-Dámoslle a todas a volta e adiviñamos: Where is the elephant? (aprendemos vocabulario). Podedes xogar individual, en parellas, ou en grupo  rotando os turnos ata que unha persoa adiviñe.

-Memory: Con todas as tarxetas sobre a mesa: "E is for...." (eles  deben recordar que figura fixeron para esa letra e buscala entre todas).

-Esconder algunhas das tarxetas pola casa (ensinamos primeiro cales son) e segundo as preguntas deben atopalas: "Where is the elephant?" e incluso podemos describir as localizacións para darlle pistas: "The elephant is under the table"

Estes xogos son só algúns exemplos, seguro que se vos ocorren moitos para xogar un anaquiño todos os días!

Espero que vos guste!

Calquera dúbida que teñades, escribídea en comentarios, estarei atenta!






No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails