Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

lunes, 19 de mayo de 2014

viernes, 16 de mayo de 2014

17 DE MAIO... SEMPRE!

Como xa sabedes, este ano adícaselle o Día das Letras Galegas a Xosé María Díaz Castro. Durante toda a semana estivemos facendo actividades nas aulas para coñecer un pouquiño a súa vida e algo da súa obra, pero ademáis preparamos a exposición de instrumentos musicais galegos, con códigos QR con máis información sobre cada un deles e videos de cómo se tocan.
Aquí vos deixamos algunhas fotos:


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a free digital slideshow

viernes, 20 de mayo de 2011

LETRAS GALEGAS 2011 (17 DE MAIO, SEMPRE)

Agora entendemos o motivo polo que os nosos rapaces son uns verdadeiros artistas, porque teñen uns pais que tamén o son. E o que é mais importante teñen un cariño inmenso pola nosa cultura e afananse día a día en conservala para os seus fillos, transmitindolle ese mesmo amor polas nosa tradicións e disfrutando delas cos seu nenos.
Algúns destes artistas (que sabemos que hai moitos mais) decidiron vir ao colexio para compartir con todos nós o seu arte nun mes tan importante para a nosa cultura como é o mes de maio.

Mércores 18 de Maio


Xoves, 19 de Maio

miércoles, 18 de mayo de 2011

17 DE MAIO, SEMPRE

Rosalía de Castro, Castelao, Celso Emilio Ferreiro, Curros Enríquez, Uxío Novoneyra, María Mariño, Frei Martín Sarmiento, Manuel Murguía, Martín Códax, Ánxel Fole, Rafael Dieste, Fermín Bouza-Brey, Álvaro Cunqueiro, Manuel Antonio, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Ramón Cabanillas, Noriega Varela, Pondal..........
LOIS PEREIRO.


17 DE MAIO, SEMPRE

Gracias a que contamos cun tesouro cultural en forma de lingua que os nosos antergos se empeñaron en conservar, temos a posibilidade de disfrutar de auténticas xoias coma esta de Elis Regina. Coa sorte de poder entender a todos aqueles que saíron coma nos do galego-portugués (242 millóns) e a tódolos pobos que falan castelán (480 millóns), ábrense aos nosos fillos un abano inmenso de posibilidades, e de como dicía poder disfrutar de marabillas como ésta. "É pau, é pedra, e o fin do camiño........é a noite, é a morte, é o lazo, é o anzol."

jueves, 1 de julio de 2010

BREVE ENCONTRO. O POETA NA SÚA VOZ

Antes de irmos de vacacións deixámosvos un anticipo do que vai ser o curso que vén, que estará marcado pola voz e pola poesía de Lois Pereiro, do que temos un exemplo claro neste poema na súa voz e que esta inspirado na película homónima de David Lean.


lunes, 28 de junio de 2010

QUE É GALICIA? por LOIS PEREIRO

Galicia... data
Run...

A. Auga. Aire. A Amnesia do vencido, a Atracción do Abismo, a Árbore xunta á Árbore, e a alegría do espazo circundante. A alma é o Atlántico e é o cantil o corpo da súa chamada Atroz.

B. Barroco: a Beleza usual feita materia en pedra no Bordo do Bosque omnipresente.

C. Calma. Castelao, Curros, Cunqueiro, Cultura, Celebración e Culpa: unha conciencia Céltica do Cosmos.

D. Difícil definir esa Dor, Dobregar o Destino, conseguir que o Desexo nos siga sendo útil. (Diluvia)

E. Espiral no Espazo Esférico. Emigración: Estímulo do noso Exilio interior que nos leva polo leste cara a Europa, polo mar cara ao Éxito e cara á Enfermidade, e sempre cara ao Eterno Extrañamento do Espírito.

F. Fogo de Fogar. Fantasía. Fábricas, Febre e Formas do Futuro, Figuras do pasado. O Fenómeno atmosférico da Felicidade, e todas as Festas do mañá...

G. Gráficas do Granito, auga e silencio, onde transborda a alma da Gulfstream. O xemir das Gaitas, e no carácter esa amable presenza da Graxa.

H. Historia: Herbicida o esquecemento. A Humidade, o "Horror vacui" e a Humildade impídennos converter a Historia en Heroísmo. Nosa Herdade adestrada na fuxida, coa sabedoría das feridas vellas, por nosas propias mans soamente vencidos.

I. Ironía: arte de converter o Inferno nun conto de Inverno.

J. Son oriental. Rotundidade sureña.

K. Kilowatios por terra mergullada.

L. Loito: manchas na paisaxe, bólas negras sobre o tapete verde.

M. Lega Mortos o Misterio da Música, pero o Miño vaise levando ese Misterio ao Mar.

N. Norte. Noite. Néboa. Negro: materia poética nacional.

Ñ. Nh/ gn/ ñ.

O. Oeste: "Galicia atende e obedece á chamada do Oeste" (R. Otero Pedrayo). Tantos séculos de Ofensas e de Esquecemento crean anticorpos no Organismo dun pobo, e esa continua Ofensa da historia xerará no Orgullo deste pobo apracible o destrutivo Osíxeno do Odio, a Obsesión do fracaso e da culpa.

P. Poesía. Patria. Paixón. Perigo de extinción, perdidos en nosa propia Pureza, da necesidade de ser un Pobo. A nosa indiferenza alimentará o Proceso de autoxenocidio que vivimos. Paisaxes dispersas, aliñados entre os Perfís do Pasado, coa Presenza dunha vexetal sensación de eternidade. Paixón e Poses "punk", reflexos Postmodernos e altas horas nos diques urbáns da noite.

Q. Química da dor Quintaesencia do medo. Aí, pegado a min, quen ri?

R. Río: o Rumor da vida, a Relixión das augas. As Risas xorden sempre onde Reina a calma, na quietud profunda de quen coñece o Risco e domínao. Rural: corre sangue Rural por estas veas; e se algunha vez a Razón opón Resistencia, recoñécese o galego na terra, na lenta vitalidade da árbore, na invencible Resignación da herba.

S. O Son da Soidade e o Silencio. O Salvaxe Sarcasmo dos Soños do presente, e a Silente atracción polo Suicidio: o Sil. O Miño é o noso Sangue, o Sil a súa Sombra. Serenos e Sombríos, finalmente transcende o Sorriso astuto.

T. Terra. E o Tempo, e o Trastorno e as súas Tebras. A Tradición dunha triste Tenrura. A Terra é o principio, e todo existe nela e para ela.

U. Utopía: compaxinar o desexo e a necesidade dos nosos soños.

V. Vacas en Vales mollados, e a férrea Vontade dos Vellos encadeados á terra, co Vicio do seu fatalismo escéptico. Verde. Verde e máis Verde sobre outros Verdes, e por detrás: Verde.

W. Whisky: noite urbana. Galicia é Wagneriana, ou é máis ben un Wolfgang Amadeus enfermo de paisaxe, soñando con Sibelius?.

X. 25 de Xullo.

Y. e

Z. Fin


LOIS PEREIRO. Do libro POEMAS 1981/1991

LOIS PEREIRO. LETRAS GALEGAS 2011

Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos en 1958 e morreu na Coruña o 24 de maio de 1996.

Cando tiña 17 anos viaxóu a Madrid para continuar os seus estudos. Alí fundou xunto a Anton Patiño, Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro, a revista Loia. De volta a Galicia, entrou en contato cun grupo de poetas entre os que figuraban escritores como Xavier Seoane, Francisco Salinas, Xulio Valcárcel ou Manuel Rivas. A súa obra figurou en varias antoloxías como De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), e colaboróu activamente na revista Luzes de Galiza, onde se publicarían en 1997 os oito primeiros capítulos da súa novela inconclusa Naúfragos do Paraíso.

Publicóu dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). Tra-la súa morte en 1996, Poemas para unha Loia, que recolle obras da súa etapa madrileña, publicadas na revista Loia, e que inclúe o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia.

Enfermo de SIDA, Lois Pereiro faleceu el 24 de maio de 1996 por mor do envelenamento por aceite de colza desnaturalizado, o mesmo día que se soubo a sentenza.


viernes, 18 de junio de 2010

NOVONEYRA EN PRIMEIRA PERSOA

Unha interesante entrevista feita, coido que nos oitenta, por un grupo de rapaces do B.U.P daquela ao poeta. Consta de catro partes que poderás atopar en youtube, aquí che deixamos as dúas primeiras. Avisámosvos co son é peor ca nos nosos videos, que xa é dicir.


sábado, 12 de junio de 2010

NOVONEYRA. O DERRADEIRO DOS TROVADORES

Como resumo do traballo que realizamos durante todo o ano 2010 sobre a figura de Uxío Novoneyra, aquí vos deixamos unhas pequenas pinceladas biográficas sobre a persoaxe. Un traballo que como moitos dos que fixemos, supón un achegamento dos nosos alumnos a diferentes formas de expresión, neste caso o 7º arte.


lunes, 7 de junio de 2010

BIOGRAFÍA BÁSICA UXIO NOVONEYRA


Debido a anchura do cadro de edición do blogue recoméndovos amplificar a liña de tempo coa lupa que ten o máis, para poder ver os datos que non se aprecian na vista que se ofrece por defecto.

viernes, 28 de mayo de 2010

A FALA DE UXIO NOVONEYRA

Para unha mellor comprensión da poesía de Uxío Novoneyra elaboramos unha serie de actividades sobre a fala de Uxío Novoneyra e coas que poderedes traballar desde a vosa casa cos vosos fillos, tanto a preescritura como a prelectura.



Podedes realizá-las actividades a pantalla completa utilizando o link á ZonaClic - actividades que se atopa suliñado. Unha vez que abrades o proxecto ides ter que elexir (facendo click sobre eles) dous camiños representados por dúas fotos do poeta na súa nenez e de vello, cada unha condúcenos a dous vocabularios diferentes. Funciona mellor (en cuestión de son) baixo o navegador Internet Explorer, o que vén por defecto con Windows.

jueves, 6 de mayo de 2010

MAIO, O MES DA LINGUA GALEGA

Maio, dende vai moitos anos, é o mes onde festexamos o rico tesouro que posuimos en forma de lingua, é o mes ademais onde se honra a algún destacado intelectual en lingua galega. Lembrade que este ano a merecida homaxe fáiselle ao gran poeta do Courel, Uxío Novoneyra. Moitos outros antes ca él tiveron o seu día e aquí vos deixamos un claro exemplo, nun pequeno curto de animación en plastilina baseado na obra do pai Frai Martín Sarmiento. Un curto, obra de Virginia Curiá e Tomás Conde que no ano 2002 elaboraron, dentro dunha pequena colección chamada "A lingua animada", da que os nosos alumnos xa miraron outro destes curtos, baseado na obra de Cunqueiro e chamado "Alistán, o demo oveiro".

"A Escola das Areas"




"Alistán, o demo oveiro"


alistán

viernes, 16 de mayo de 2008

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe inauguramos a Exposición de Artesanía (recordade que podedes visitala ata finais deste mes). Podedes ver unha mostra nas fotos, pero mellor é que a visitedes no cole!

Ademais, recibimos unha visita coa que disfrutamos moito: Esther (nai de Víctor), Bea e Vanesa, que nos deleitaron con pandeiretadas, cancións e bailes. ¡¡¡Graciñas por esta mañá tan divertida!



miércoles, 14 de mayo de 2008

DOUS POEMIÑAS DE ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

EXPOSICIÓN DE ARTESANÍA


Co gallo do Día das Letras Galegas queremos montar no cole unha EXPOSICIÓN DE ARTESANÍA con obxectos aportados por vós e polos mestr@s. Preguntade aos avós, avoas, tí@s, amig@s... e seguro que vos dan ideas ou mesmo algo que nos poida servir.

¿Qué cousas podedes traer? Ourivería (pulseiras, colares...), cestería, tecidos e bolillos, cerámica, repuxado (pel, coiro...), madeira (zocas, artesas, pratos, peneiras...), cantería...

A exposición poderase visitar na Aula de Usos Múltiples de 14:00 a 14:15 a partir do día 16 de Maio e ata final de mes.

Recordade que tamén podedes participar como CONTACONTOS. Avisade ás titoras para buscar unha data e hora que vos conveña.

¡¡¡Graciñas por todo!!!

martes, 13 de mayo de 2008

LETRAS GALEGAS 2008

O Día das Letras Galegas é unha celebración que se leva a cabo dende 1963, e que cada ano se lle adica a unha figura significativa da literatura galega.

¿Por qué o 17 de Maio? Porque ese mesmo día, no ano 1863, publicouse na Habana o primeiro exemplar de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, que marcou o inicio do Rexurdimento.



¿A quen se lle adica este ano?
Este ano o homenaxeado é XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, que tivo unha relación moi estreita coa cidade de Vigo (Cronista Oficial do Concello, investigador da súa historia, Comisario de Escavacións Arqueolóxicas...). Se queredes coñecelo un pouquiño, visitade estas páxinas:

- Real Academia Galega
- Wikipedia
- Consellería de Cultura e Deporte


Para conmemorar este día, o Concello ten programadas unha serie de actividades moi interesantes: Correlingua, títeres, exposicións, Camiño das Letras, sesións de lectura, festa en Castrelos, obradoiros para nen@s, teatro... Podedes descargar o Programa completo NESTA PÁXINA.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails