Mostrando entradas con la etiqueta propostas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta propostas. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de junio de 2020

MONSTRUOSA SORPRESA


 Durante estos últimos meses hemos vivido una situación insólita, difícil de entender para los adultos y mucho más para los más pequeños/as,  los cuales muchos/as de ellos/as han generado angustia ante la salida a la calle por miedo a lo que pueda pasar. Por ello hoy he decidido enviaros un cuento, un cuento para enfrentarse a los miedos, esos monstruos que no nos dejan dormir, o que nos quieren atrapar,  o no nos dejan salir a la calle... Por eso hoy vamos a… VENCER NUESTROS MIEDOS !!!
    Una vez visto el vídeo podemos hacerles preguntas como:
  • ¿Te da miedo salir a la calle? ¿Por qué?
  • ¿Qué crees que pasa si salimos?
  • ¿Quién puede ayudarte a superar tus miedos?
  • ¿Qué tienes que hace tú para superar tus miedo?

 Toda la conversación la debemos enfocar en positivo, que siempre sepan que vamos a estar ahí para ayudarles y que hablando y haciendo las cosas juntos todo se supera, incluso…………
NUESTROS MIEDOS!!!













miércoles, 10 de junio de 2020

OneMinuteEnglishLessons XI

Bos días familias!

Aquí deixamos o último capítulo de OneMinuteEnglishLessons.

Desta vez, cambiamos a técnica do visionado. IMPORTANTE: tal e como se explica no vídeo, teñen que ir facendo o seu Monster ao mesmo tempo ca min, parando o vídeo cando oigan STOP!

A ver se ò rematar os vosos Monsters tamén lle pasa o mesmo que o meu!!! Espero as vosas fotos!



lunes, 8 de junio de 2020

Peixiñ@s Valentes

Aquí seguimos os Peixiños e Peixiñas con Valentes!

viernes, 5 de junio de 2020

Praceres e entretemento!

Nesta ocasión vamos a darlle utilidade a un recurso moi común. Falamos do PAPEL e  o CARTÓN.  
Actualmente vémonos na necesidade de reducir o consumo de papel para diminuír a tala de árbores ,posto que, o gasto de papel é frenético. A intención desta proposta continua a liña da reciclaxe.
Segue a ser tempo de Reducir, Reutilizar e Reciclar!

A través deste recurso pódense realizar unha gran variedade de actividades:
  • Realización de actividades de EXPERIMENTACIÓN para agudizar a observación. Realizar papel reciclado (buscade no canal de youtube "Ecocreatividad" "Cómo hacer papel reciclado"), experimentar con limón (tinta invisible), té e café. Xogar coas sombras e intentar debuxalas.
  • Facer xogos de LETRAS: con follas de periódico, letras de revistas e se temos restos de papel albal.
  •  LÓXICA MATEMÁTICA: xogos cos números e as formas xeométricas. 
  •  Crear verdadeiras obras de ARTE 
  • Representar ANIMAIS  e a FIGURA HUMANA:
  • Así como, Diversos XOGOS:
Esperamos que desfrutedes moito realizando estas propostas!


miércoles, 3 de junio de 2020

OneMinuteEnglish Lessons Chapter X Family

Bos días familias!

Aquí vos deixamos o seguinte capítulo de OneMinuteEnglishLessons.

Desta vez, cos membros da familia.

Centrámonos na pregunta Who´s he/she? She/he is.... e o vocabulario da familia.

Introdúcese coa canción de Baby Shark, que todas/os coñecen.

Aparece un rasgo característico de cada unha/un. Non é necesario que memoricen esas expresións, aínda que si nos centramos en que as entendan.

Mummy (mamá) is the best tracking dog ( a mellor rastreadora)
Daddy (papá): he likes wearing bows (gústalle levar lazos). Aquí é un bo momento para normalizar que aínda que teña xénero masculino, gústalle levar lazos; a veces, tendemos involuntariamente a poñer un toque de humor ao ver un personaxe masculino con algún complemento que socialmente se asocia ao feminino, se evitamos ese toque de humor, reducimos os estereotipos e prexuízos. De feito, na canción orixinal de Baby Shark, cos xestos, os/as protagonistas refírense aos personaxes masculinos como os máis grandes e fortes, e aparecen demasiado estereotipados; polo que podemos mudar esta concepción coa familia de Aúpa.
Grandpa (avó): he likes cats (gústanlle os gatos)
Brother (irmán): he likes ice creams.
Sister (irmá): She likes football.
Aúpa is so lazy ( é moi perezosa)

Espero que vos guste!








lunes, 1 de junio de 2020

Peixiñ@s Valentes

Bos días!

Aquí deixamos a seguinte sesión de Valentes, seguimos xogando coa unidade de Lola.

Recordade que non tedes que facelo todo no mesmo día.

jueves, 28 de mayo de 2020

Xogo oral

Hoxe  deixovos un video cun xogo moi fácil e rápido de facer, co que imos traballar varios aspectos:

Vocabulario : podemos usar animais, alimentos, coches ou calquera xoguete que teñamos na casa.
Agudeza visual, atención e memoria: temos que estar atentos para poder lembrar os obxectos.
Pronunciación: intentaremos coller obxectos que conteñan os fonema R,S,Z... que son os máis difíciles para eles.

PASOS:
1. Recordar o nome dos obxectos. Cos peques de 3 anos empezar con 3 ou 4 obxectos e ir ampliando.
2. Coller un recipiente para agochar os obxectos ( podedes esconder varios para facelo máis difícil)
3. Pechar os ollos
4. Agochar os obxectos
5. Abrir ollos e a pensar


miércoles, 27 de mayo de 2020

OneMinuteEnglishLessons Chapter IX: "Busy Day"

Bos días familias!

Onte tiven un día moi ocupado (busy day), quería recoller a casa, pero Aúpa tiña todos os seus xoguetes desperdigados.... e, ademáis, gústalle moito "facerse o avión"!

As expresións e palabras nas que nos centramos despois de velo, son as seguintes:

-Wake up! : desperta!
-Breakfast: almorzo
-Aumentamos vocabulario das comidas: strawberries, milk, cereal, cookies
-What´s this? : que é esto?
-Clean up: limpar
-Pick up your toys! : recolle os teus  xoguetes!
-Asleep: dormido/a

As horas do día, son simplemente para que teñan o primeiro contacto, non é necesario que nos paremos demasiado nas expresións, ao igual que aquelas como: Sweep the floor(barrer o chan), brush my teeth: cepillar os dentes (aínda que podemos repetirllas cando elas/es o fagan todas as mañáns, así irán asimilándoas no contexto real).

Espero que vos guste!
Despois déixovos a canción de recoller, que xa coñecen da aula que podedes empregar tamén en contexto real diario.








lunes, 25 de mayo de 2020

Peixiñ@s Valentes!

Seguimos aprendendo con Lola!

Unha sesión moi faciliña que seguro que lles gustará!

Biquiños e apertas familias!




viernes, 22 de mayo de 2020

Maios 2020

É tempo de exaltación da natureza, e nós, non queríamos deixar de celebrar “Os Maios” con vos. Aínda que sexa, na distancia e dun xeito diferente. 



Propoñémosvos que decoredes un retrato, podedes debuxalo ou imprimilo. Para adornalo poderedes empregar flores, follas, froitos, ovos, paus, etc. En definitiva, elementos naturais ós que teñades acceso. 
Se isto non fose posible, poderedes utilizar recortes de revistas, flores feitas con papel, estratexias informáticas, ... deixade voar a vosa imaxinación! 
Ademais, deleitámosvos coa nosa COPLA personalizada. Animádesvos a cantala? De seguro que o pasades moi ben! 

“Estes son os maios 
neste gran ensaio, 
recollendo flores 
de diversas cores. 

Nesta corentena 
en familia amena, 
con tortas de froitas 
menos son as loitas. 

 As do Monte da Guía
 temos moita invención, 
fechando este maio 
con nova ilusión.” 

Agardamos con ledicia as fotos das vosas creacións e os vídeos/audios da copla cantada por vós! 

Enchamos os nosos días de cores e sons!

miércoles, 20 de mayo de 2020

OneMinuteEnglishLessons Chapter VIII

Bos días familias!

Seguimos co tema "Food".
Fago un intento de merendar, pero a Aúpa gústalle todo o que merquei no supermercado, así que...Mirade, mirade!

Ampliamos un chisquiño e repasamos  vocabulario relacionado coas comidas: ORANGE, APPLE, BREAD, CHEESE, COOKIES.

As expresións nas que nos centramos son as que se repiten no vídeo:

-Snack time! (Hora da merenda)
-Do you like....? ("gústache.....?)
-What´s the matter? (Qué pasa? )
-I´m hungry! (Teño fame!)
-Yummy! ( Que rico!)

lunes, 18 de mayo de 2020

Letras Galegas 2020

RICARDO CARVALHO CALERO

Aquí vos deixamos o estupendo traballo dos Peixiños e Peixiñas; cada un/unha dende a súa casa conseguen facer un gran traballo en equipo.

Agora xa podemos saber máis un chisquiño máis sobre figura de Ricardo Carvalho Calero.

Peixiñ@s Valentes!

Hoxe comezamos historia! A historia de Lola! Unha Valente!

Está baseada na na historia real dunha nena de Santiago, á que un compañeiro da escola lle dixo que non podía xogar ao fútbol; nun principio Lola disgustouse moito, pero recibiu unha chamada da mesmísima Verónica Boquete que a animou a seguir xogando.

Nesta primeira sesión, imos, ademáis de escoitar a historia, dar moita importancia o equipo ao que pertence Lola.

Aí vai o vídeo! Ánimo familias!

viernes, 15 de mayo de 2020

FELIZ DÍA DA FAMILIA!

En tempos de redefinición da estrutura familiar e ca aparición de novas formas de convivencia, queremos que sexan visíbeis diversas formas de parella ou xeitos de ser pai ou nai. As crianzas necesitan entender que as fronteiras da familia son amplas e están abertas.

Nesta corentena, fomos conscientes daquelas cousas materiais que non botamos en falta e con todo, de como son indispensábeis aqueles lugares onde existe amor.

A familia “Tegriña” quere desexarvos un feliz Día da Familia e darvos as grazas polos vosos esforzos, sinais de amor e comprensión.
Xuntas e xuntos somos máis.☺❤


Praceres e entretemento!


Continuamos co fin de aproveitar os  recursos que adoitamos ter na casa. Nesta ocasión é a quenda dos ESCARVADENTES. A través deste recurso pódense realizar unha gran variedade de actividades:
  • Realización de EXPERIMENTOS para agudizar a observación: Experimento da absorción de auga e o método para xerminar ósos/sementes de aguacate.

  • Facer xogos de LETRAS
  • LÓXICA MATEMÁTICA: xogos cos números e as formas xeométricas.


  • Crear verdadeiras obras de ARTE


  • Representar MONEC@S e a FIGURA HUMANA
  • Así como, Diversos XOGOS: elaboración dunha buxaina, xogo de motricidade fina, clasificación de cores e grandes construcións.


Deixámosvos de novo a receita para elaborar plastilina caseira posto que, aparece na maioría dos xogos. Leva 3 medidas de fariña, 1 medida de sal fina, 1 medida de auga, 3 culleradas de aceite e colorante. Amasar con moito tesón e agarimo!

Se tedes algunha dúbida na realización das propostas podedes preguntar. Esperamos que  as desfrutedes moito! 


jueves, 14 de mayo de 2020

XOGOS ORAIS


RECOMENDACIÓNS DE XOGOS ORAIS
        Seguimos cos xogos orais para mellorar a linguaxe oral e pasalo ben en familia.


1. Xogar a que ou quen son? Poñemos unha tarxeta dun animal, obxecto, alimento e intentar adiviñalo facendo preguntas coma ( son un animal, vivo no aire, teño plumas…) outra modalidade e dar pistas ou describir o debuxo (vivo nunha granxa e fago muuu..) e a persoa que ten a tarxeta debe adiviñar. Podemos poñer unha goma elástica ou unha gorra… na cabeza.
 Podemos imprimir as seguintes tarxetas ou podemos ser máis creativos e debuxalas nos en anacos de papel.


















  Dividir un folio en catro partes iguais e debuxar.
  

2.                 2.  Aprender trabalinguas e facer retos, quen foi o máis rápido?



                       
                          3. SOPRAR: 
·        Competición  de pompóns ou boliñas de papel aspirando con pallas, traspasando as que estean no prato central aos pratos laterais, podemos  poñer un cronómetro. Para darlle emoción podemos facer competicións de cores con pompóns ou papeis de distinta cor e ver quen consegue máis bolas azuis ou vermellas…

                                       A pasalo ben familias

miércoles, 13 de mayo de 2020

One Minute English Lessons VII

Bos días familias!

E xa imos polo capítulo VII!! 
Para combatir o aburrimento, decido xogar a "I spy" ( "veo, veo") cunha amiga que tod@s coñecedes, chamàndoa polo meu "bananòfono"...

Coma sempre vos digo, a primeira vez que o vexades, preguntade se entenderon o que ocorreu.

É un vídeo que tén bastante diálogo, e coma sempre vos digo tamén non pasa nada se non entenden todas as palabras e expresións.
Nas que poñemos fincapé poden ser as seguintes:
- Hi! (outro xeito de saúdar)
-I´m bored (estou aburrida/o)
- Prestar atención na frase que se repite no xogo: "I spy with my little eye, something beginning with..."

Déixovos despois do vídeo, unha canción que servirá para introducir as seguintes sesións, que lle adicaremos ao tema "Food" ( as comidas). É unha canción que xa coñecen de tela escoitado na aula, seguro que algúns/nhas a recordan, e é faciliña de entender.

Moitos biquiños e ánimo!






lunes, 11 de mayo de 2020

Peixiños Valentes!

Bos días familias!

Déixovos outro vídeo de Valentes para rematar a sesión anterior e despois bailar un pouco.
Como vos comentara na entrada anterior, a idea é que controlen os números de diferentes maneiras.

É moi importante que vaiades parando o vídeo segundo os seus ritmos; como dicimos sempre, non é necesario facelo todo nun día; se tedes tempo, é mellor que o vexades vós primeiro e despois velo con elas/es.

Debaixo atopades o vídeo da canción para o remate da actividade proposta.

Moitas gracias e ánimo!




miércoles, 6 de mayo de 2020

One Minute English Lessons Chapter VI "The Tower"

Pois hoxe quixen facer deporte....pero....con Aúpa é un pouco difícil!

A continuación do vídeo déixovos a "versión real" da Torre e un pequeno xogo que preparei.

Agradecementos ao profe Rubén, do Colegio de La Asunción en León, que nos prestou o seu vídeo para que poidamos practicar.

Aí vai!




A primeira vez que o vexades, coma sempre, preguntade se saben o que pasou e se recoñeceron algunha palabriña ou expresión.
Despois, xa podemos centrarnos no resto parando pouco a pouco o vídeo.

-Saúdos: Good Morning (vemos que é pola mañá)

-How are you? (Como estás) e como cren que está Aúpa? (Is she happy/sad/sleepy/angry?) (facede sempre xestos coa cara para as preguntas, sobre todo para os máis pequenos)

-The Tower: o nome do xogo, xa que imos facer unha torre.

-A pregunta final é : Can you do it? (podes facelo?)

Pois imos alá! Intentádeo co vídeo do profe Rubén!



Védeo primeiro enteiro para saber a parte a realizar: tedes que adaptar un pouquiño máis a segunda versión do exercicio que nos explica (a que está feita de cara a 1º e 2º de Primaria), con moita máis supervisión por mor dos vasos de cristal (mellor se son de cristal duro). Se seguides a velo moi perigoso, podedes cambialo por vasos de plástico, por algún envase que teñades en casa, ou co material que se vos ocorra que poida servir; o importante é que coloquen ben o corpo ao facer a Torre coma ven no vídeo.

Despois disto, un pequeno xogo que preparei. É unha versión do clásico : "Simon says...."("Simon dice...."); eu cambieino por: "Aúpa says...." É dicir, a que manda, é Aúpa, se Aúpa non di as ordes, non debemos obedecelas.

Practicade primeiro antes de ver o vídeo con eles/as para  distinguir (ou recordar) onde está o brazo dereito/esquerdo (right arm/left arm). Dicídelle que necesitamos practicar  para poder xogar a "Aúpa says...." Para iso podedes escribirlle un R na man dereita e un L na man esquerda; xogar a estiralos moi despacio, moi rápido, un rápido e outro despacio cando vós llo digades. Se queredes ir engadindo dificultade, facédeo diante dun espello, ou xogando a que vós mesmos sodes o seu espello.

Na primeira parte do vídeo, escoitan as ordes que os/as preparan para xogar, dicídelle que é o Warm-up! ( quentamento) e comezamos a xogar cando eu os avise no vídeo. Ollo! Cada vez vai máis rápido!
É máis divertido se non deixan de facer o que escoiten ata que pase a diapositiva (é dicir, por exemplo, quedamos tocando as rodillas ata que cambie a orde)
Xa me contaredes como resulta!
Biquiños familias!










lunes, 4 de mayo de 2020

Peixiñ@s Valentes!

Aquí tedes unha nova sesión para Valentes.
Desta vez decidín gravala en vídeo para que non resultara tan complicada. Ao non verlle as caras e non ter "feedback" deles/as resúltame difícil saber se lles gusta, ou lles resulta moi longo, ou se hai cousas que paso por alto sen darme conta; por iso espero as vosas respostas cando o fagades, para así poder cambiar o método ou seguir así nalgunha ocasión.

A idea desta actividade é que teñan control de números de todas as maneiras posibles, e que desenvolvan a lóxica matemática dende os inicios; aínda que vos pareza un pouco lioso ó principio, deste xeito, "enredan" cos números en diferentes formas, o que lles permitirá máis adiante facer cada vez operacións máis complicadas.

Parade o vídeo cando sexa preciso, e, coma sempre, non tedes que facelo todo nun día; se vedes que se cansan, deixádelo para o seguinte.

Pode que algún neno/a non asistise a aula algún día dos que falo no vídeo, espero que poidan seguilo ben,  por iso procurei facer un repaso rápido do que vimos na escola.

Espero que vos sirva de axuda.

Moito ánimo familias!






LinkWithin

Related Posts with Thumbnails