Mostrando entradas con la etiqueta dinosnacasa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dinosnacasa. Mostrar todas las entradas

viernes, 6 de noviembre de 2020

jueves, 5 de noviembre de 2020

Bos días dinofamilias!!! Aí vai un contiño de dinosaurios...



Unha canción levantar o ánimo

 

Na proposta de hoxe deixamos o enlace de la Casa de Ateleir, nela tedes unhas plantillas de dinosaurios. Co patrón destas siluetas podedes crear marionetas, decorar as plantillas, xogar as parellas...


Colaboramos na casa

Collemos prestado este contiño que fixeron no CEIP de Cabanas xa hai un tempo. 
Agora que temos que estar na casiña, moi importante non esquecer que todos/as debemos ser partícipes das tarefas domésticas. 
Se vos animades a facer algúns dos debuxiños que propoñemos debaixo do vídeo, podedes enviar as vosas fotos ao mail do Departamento de Orientación: domontedaguia@gmail.com


miércoles, 4 de noviembre de 2020

Bos días dinos!! 
Hoxe comezamos o día cun contiño musicado... xa sabes... preparade esas gorxas e a cantar.


Como queda outono para rato e xa temos que ir preparando as castañas do magosto... imos a cantar e bailar ao ritmo de Uxía Lambona e a banda molona coa súa canción de outono.




Sabedes? nas nosas terras tamén había dinosaurios... si,si e moi preto de aquí temos o primeiro museo, o MUJA de Asturias. Aquí tedes un vídeo de presentación do museo. O museo ten réplicas (non a tamaño real ;))  , tamén fósiles e un pouco de historia da súa orixe, extinción, como eran... 


A falta de posibles excursións deixamos aquí o enlace do museo por se queredes máis info.


A proposta de hoxe tamén ven da man do MUJA , se premedes no seguinte enlace podedes acceder ao descargable, é un cubo para contar historias de dinos.

Imprime,recorta, pega e a botar a túa  imaxinación a voar.




martes, 3 de noviembre de 2020

Correos electrónicos aulas

Ola familias! Poñemos a vosa disposición o correo electrónico de cada unha das aulas, así coma do DO e da escola para que poidades enviarnos as propostas realizadas ou as vosas dúbidas segundo a aula a que pertenzan os vos@s fill@s. Moitas grazas por todo.

Aula de 3 anos: OS DINOS: dinostegrinha@gmail.com

Aula  de 4 anos: AS FORMIGUIÑAS: formigasmontedaguia@gmail.com

             Aula de 5 anos, OS PITIÑOS:  pitasmontedaguia@gmail.com


             DO: domontedaguia@gmail.com


             EEI monte da guía: eei.montedaguia@gmail.com

  


    

"The most loving monster in the world"

Boas familias! 
 Para rematar con Halloween, aquí vos deixo unha historia baseada no conto "Bedtime for Monsters": resulta que hai un monstro que vive debaixo da miña cama, e parece que me vai comer....pero....Mirade, mirade! 
 Aínda que é un conto pensado para os nosos Dinos, hoxe vírono os nenos/as de 4 e mañá na escola traballarán con el os nenos/as de 5. Así que o poden disrutar tod@s tamén na casa.

Recomendacións: 
 Antes de velo, poñédeos en contexto: decídelle que é un conto de Halloween, que ao principio pode dar un pouco de medo, pero que, véndoo ata o final, non hai nada que temer! Teacher tén un monstro debaixo da súa cama que está trazando un plan para comela, pero...non todo é o que parece!

A primeira vez que o vexades, non o paredes, que o vexan ata o final; cando remate facédelle preguntas xerais sobre que cren que pasou na historia. Aquí é onde lle podedes explicar que o monstro só me quería espertar para que lle preparase o almorzo (é a ultima secuencia: "Are you hungry, monster? Time to preprare your breakfast!"), e tén unha maneira moi peculiar de espertarme! A bicos! (the most loving monster in the world) 
 En canto ao que podemos facer fincapé, é en vocabulario e expresións como: 
 -Good night! (boas noites) 
 -I´m hungry (teño fame!) 
 -Numbers: 1-5 (conta atrás) 
 -Let´s go! (Imos alá!!) 
 -Ready, steady, go! (preparados, listos, xa!) 
 -Jump! (saltar) 
 Espero que vos guste. 
Calquera dúbida, podedes escribir ben aquí na opción de comentarios ou ao meu abalar! 
 Non queda nada familias! Prontiño nos vemos!
Bos días dinos! seguimos co noso proxecto sobre os dinosaurios . Aí van tres vídeos informativos ca historia e curiosidades dos dinosaurios.


Agora toca levantarse e moverse un pouco ao ritmo desta canción. De paso imos a aprender moitos nomes de dinosaurios... 


Como proposta de hoxe, que vós parece modelar o voso propio dinosaurio con plastilina... se non tedes en casa , a podedes facer caseira. 

Plastilina Caseira

- 2 tazas de fariña
- 1 taza de auga
- 1 taza de  sal
-  Colorante alimentario ( opcional)

Dentro dun bol ou nunha mesa mezclades as cantidades ... e a desfrutar amasando. Non ten que ter repouso , cando os ingredientes estén mezclados xa podedes usala....

E a crear dinosaurios...

viernes, 30 de octubre de 2020




Contiño de medo para hoxe 



A Canción número da nosa playlist de aula


Propostas 





jueves, 29 de octubre de 2020


Contiño do día

  

 Hoxe o baile é cazando pantasmas... 

 

 

 A proposta do día a imos relacionar coas merendas saudables que propoñemos desde a escola... disfrutade moito.. E seguro que hoxe comen moita froita.

 

 

 

Magic Works!

Bo día Familias! Aquí vos deixo un conxuro en Inglés para Halloween; está enfocado para a aula de 3, aínda que poden disfrutalo todos/as. 
A idea é simplemente que sigan en contacto co Inglés e que sigan vendo ao seu referente da lingua na escola. O vídeo é moi intuitivo, e aínda que non entendan todas as palabras, o importante é que comprendan o contexto xeral. 
Poderán escoitar palabriñas que estamos aprendendo na aula así como a canción que empregamos para esta tempada de Halloween (despois do conxuro, déixovos o enlace á canción). 
A primeira vez que vexan o vídeo, recomendo non paralo, senón que o vexan atá o final. Unha vez remate, podedes facerlle preguntas sobre o contexto xeral (en castelán ou galego) como por exemplo:
-Quen aparece no vídeo? 
-Que está facendo? 
-Quen é Witchy the Witch? ( a bruxa que aparece ó final xa é coñecida por todos/as, que a empregamos na aula de Inglés e gústalles un montón) 
 ...e todas as preguntas que se vos ocorran. 
A segunda vez que o vexades, si o podedes ir parando e repetindo e facendo que repitan algún vocabulario como: 
-Pumpkin ( podemos aproveitar para insistir no color "Orange") 
-Spider (color "Black")
 -Monster ( color "Green") 
-Bat ( volvemos a repetir "Black")
-Snake ( color "Purple") 
Pois aquí vos deixo o conxuro e o enlace á canción! Espero que lles guste! Podedes escribirme as impresións dos nenos/as ou preguntarme calquera dúbida en comentarios, ou ben por abalar. 
Ánimo familias!

 

miércoles, 28 de octubre de 2020

Bos días familias!

Aí vai o contiño de hoxe


 


Para movernos un pouco hoxe toca musicograma de Samaín

 

Esta é unha proposta de familia... a ver se o conseguides

 

Aquí vai unha versión máis sinxela

E agora a proposta de hoxe 
 










Recordade que podedes enviar as propostas ao correo da aula se así o queredes.






martes, 27 de octubre de 2020

SAMAÍN

Ola familias!! Aquí van as cancións que poñemos na aula dos dinos para celebrar o Samaín, a nós non nos da medo, dannos moitas ganas de bailar e cantar... é tempo de cabazas, caveiras, bruxas, vampiros, monstros... e así o imos a celebrar... vamos todxs a cantar... 

Preparadas as gorxas imos a mover os esqueletos...  

E por último o noso conto preferido da semana pasada...  

Como proposta que vós parece crear o voso propio monstro verde... se o facedes podedes enviar as vosas propostas ao correo da clase dinostegrinha@gmail.com

 

 Agora tócalle as familias;  un pouquiño de información sobre a orixe da celebración de Samaín que tanto se confunde co famoso Halloween

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails