jueves, 30 de abril de 2020

A FLOR DA AUTOESTIMA



Hoxe os deixamos unha proposta para traballar a autoestima e a linguaxe oral, esta baseada no libro “Burbujas de paz” de Sylvia Comas. A actividade ten o nome de “ Recoñecer o bo nunha/nun mesma/o, e nas/os demais, debuxando unha flor.
Cada participante debuxa unha flor grande nun folio, ou podedes imprimir o modelo ou incluso podemos recortar anacos de papel en tiras para escribir ( os pétalos poden ser o mesmo número que de participantes ou o dobre no caso de ser poucos participantes) no centro da flor colocamos o noso nome en nun pétalo escribe algo que lle gusta de sí mesma/o, ou do que se sinta orgulloso/a.
Cada membro pasa a súa folla á persoa que ten a esquerda, esa persoa escribe nun ou dous pétalos (segundo os membros a xogar) algo que lle gusta da persoa que figura no interior da flor. Ao rematar verbalizamos o que puxemos na flor.
Podemos adaptar a proposta segundo a idade e a estrutura familiar, por exemplo facer debuxos en vez de escribir palabras (debuxar un sorriso para describir simpática...) ou utilizar dous pétalos se somos poucos os participantes. O importante é a finalidade, e dicir, estimular a capacidade de recoñecer e apreciar o bo que hai en nos mesmos/as e nos /as outros/as e expresalo de forma coherente. Unha aperta enorme e a crear.
EXEMPLOS: recortando tiras de papel e formar unha flor

Imprimir ou debuxar unha flor e escribir ou debuxar nos pétalos



No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails