Mostrando entradas con la etiqueta Revista Escolar Tegriña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Revista Escolar Tegriña. Mostrar todas las entradas

domingo, 6 de septiembre de 2015

Volta ao cole... e Tegriña 10!


Comezamos o curso compartindo convosco a última edición de Tegriña, a que vos entregamos a finais do curso pasado, pero aquí a tedes en formato dixital a toda cor (podedes acceder PREMENDO AQUÍ).

Xa estamos preparando todo para inaugurar o novo curso. Despois das obras deste verán temos mooooito traballo, pero xa veredes que chulo quedou o cole!!!

Xa sabedes que comezamos o día 10 (xoves), os nenos e nenas de 4 e 5 anos dende o primeiro día en horario de 9 a 14h. e poden facer uso da aula matinal e o comedor se o precisades. Vémonos pronto!

E ás novas familias... BENVID@S!!!

sábado, 21 de junio de 2014

jueves, 27 de junio de 2013

viernes, 22 de junio de 2012

viernes, 10 de junio de 2011

TEGRIÑA Nº 6

En termos gastronómicos que tan do gusto do editor deste ano da revista son, da cociña directamente á mesa, rica...rica. Xa sabemos que non é o mesmo que tocar o papel, pero aquí tedes a revista no seu formato dixital, chea de traballos dos nosos pequenos xenios, que de todo hai, bo xenio, malo; un ano da para moito.
Para vela en formato grande fai dobre click sobre o cadro que contén a revista.

miércoles, 16 de junio de 2010

TEGRIÑA Nº 5

Quentiña do forno sae, coma o bo pan, a nosa última revista; para os que non podan esperar aquí a tedes na versión dixital a todo color e cunha calidade que non vos vai dar en papel.

miércoles, 23 de septiembre de 2009

TEGRIÑA Nº 0

A nosa primeira publicación, un incunable, para todos aqueles que a estabades buscando desesperadamente, volvémola publicar para que todos poidades difrutar dela.


TEGRIÑA Nº 1

Para aqueles pais e alumnos que xa deixaron a nosa escola, para que lembren o seu paso polo noso colexio

TEGRIÑA Nº 2

A primeira revista onde aparecen os rapaces que agora teñen 5 anos e que ben pronto, antes do que parece, empezarán en Primaria.


lunes, 21 de septiembre de 2009

TEGRIÑA Nº 3

Como vos prometimos aqui tedes o número anterior, o correspondente á revista do ano anterior. Todas elas podédelas descargar ou imprimir acedendo á vista completa.

TEGRIÑA Nº 4

É a nosa intención publicar no noso blog as revistas escolares que cada ano vimos realizando cos nosos alumnos; así empezamos pola última, a do ano pasado. Isto supón a avantaxe de ter a mesma en color e colaboramos asemesmo co desenrolo sostible. Esperamos que a disfrutedes... De aquí en pouco publicaremos o resto dos números.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails