Mostrando entradas con la etiqueta Os Maios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Os Maios. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de mayo de 2016

Os Maios 2016

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow generated with Smilebox

martes, 12 de mayo de 2015

sábado, 9 de mayo de 2015

Maios 2015


Nos vindeiros días publicaremos as fotos e vídeos da festa, pero hoxe queremos agradecer a todas as familias que estades sempre aí, a pé de pista, colaborando para que todo isto sexa posible.
Aos nosos queridos avoíños do Centro de Día Atalaya, xa que o aire desta festa énchese de tenrura ao compartir estes momentos con eles.
E aos nenos e nenas do CEP Santa Tegra, que aínda que pasen os anos parece que foi onte cando estaban sentadiños nas nosas aulas.

Mención especial a super-teacher, por todo o seu traballo de organización e coordinación para que todo saíse á perfección

GRACIÑAS A TODOS!

lunes, 6 de mayo de 2013

Cántame un Maio

Graciñas ao Profe Jose do CEP Sequelo (Marín), que aínda forma parte da Familia Tegriña, por invitarnos a participar neste Maio viaxeiro. Parabéns, compañeiro, qué traballo máis fermoso!


domingo, 13 de mayo de 2012

OS MAIOS 2012

Premede nas fotos para ampliar.

Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
Personalize a free scrapbook design

Graciñas a todas as familias pola súa colaboración: aportando flores e outros elementos para o Maio, colaborando na súa elaboración e, por suposto, aos estupendos Músicos que fixeron deste día unha auténtica FESTA RACHADA!!!!!!!!!

viernes, 6 de mayo de 2011

CANTAMOS OS MAIOS

Como en toda Galicia, na nosa escola nós tamén cantamos ao redor do maio. Cantámosche á chegada da primavera, fixemos o noso propio maio con fiuncho, ovos, limóns, laranxas, margaridas.... e a profe Chus elaborou unhas coplas moi bonitas que ensalzan á nosa lingua.



A copla do maio

domingo, 1 de mayo de 2011

MAIOS 2011

Ata mediados do século XII o costume dos Maios estendíase ó longo e ancho de toda Galicia, ainda que actualmente a súa área é moito máis reducida. Hai dúas variedades ben diferenciadas de maios según sexa o Norte ou o Sur da nosa Comunidade.
Nos Maios do Norte de Galicia fai de maio un neno, que recibe o nome de rei do maio, desfilando coas roupas totalmente recubertas con flores, edras, fiuncho, etc. Nos cantos fai de solista, mentras o seus acompañantes fan de coro, repetindo a estrofa que él canta. Despois piden lambetadas e cartos.
Os maios do Sur son os mais coñecidos. Son famosos os de Pontevedra e os de Ourense, pero tamén saen en Marín, Vilagarcía de Arousa, Redondela, Caldas de Reis, Allaríz, Valdeorras e Verín.
Nos de Pontevedra a estructura é de forma cónica, está feita con varas e mimbre, recuberta con fiuncho, edras, espadañas, etc... e adornándose con flores, naranxas, bandeirolas de papel, cáscara de ovo, etc... O cerimonial incluía o roubo, máis ou menos encuberto, dos elementos necesarios para a construción do maio. O neno que fai as veces de solista agóchase dentro do maio, mentres os demais compoñentes do grupo dan voltas calados o seu redor. Cando o solista cala os que están xirando repiten a misma estrofa dando golpes no chan con fungueiros. As letras das coplas maioritariamente soen ser de tono crítico, burlón ou satírico. A melodía das cantigas varía tamén lixeiramente dunhas vilas a outras.



Nalgunhas vilas mariñeiras ademais da típica estructura cónica aparecen tamén maios en forma de barco,ás veces feitos de productos vexetais inda que maiormente son maquetas de gran tamaño de barcos pesqueiros. Exemplos destes "maios" ídelos poder ver no vídeo. A melodía destes barcos é completamente diferente á dos maios cónicos


Os maios de Ourense diferéncianse dos de Pontevedra principalmente polos materiais e pola forma, pois ainda que se dá algún piramidal ou cónico, os mais abundantes son os de forma caprichosa: potes, horreos, cruceiros, cruces, etc... Outra característica que os diferencia e que os nenos que fan de coro non dan voltas golpeando con paus, se non collidos da man.

martes, 11 de mayo de 2010

O NOSO MAIO


Quixemos achegar aos nosos alumnos a unha das tradicións galegas mais bonitas que ainda perduran e fixémolo dun xeito vivenciado, sendo eles partícipes na elaboración dun maio, no que temos que agradecer a colaboración dos pais e nais co aporte dos materiais que conforman o maio.E como a festa dos maios non é tal sin unha boa copla nos tamén lle quixemos cantar a maio unha, escrita esta vez pola profe Chus.

A FESTA DOS MAIOS

Este mes ademáis de ser o mes da nosa lingua é o dunha das tradicións mais fermosas da nosa cultura, a dos maios. Unha tradición que se remonta a tempos dos románs e incluso antes. Unha tradición extendida en tempos por toda Galicia e que sobrevive en zonas puntuais da nosa xeografía. Nesta pequena representación reflíctese o que pode ser ese día na zona de Pontevedra e Marín, ademais de facer un percorrido histórico pola festa; todo elo acompañado co belo poema de Curros Enríquez "Ahí ven o Maio", ao que puxo música Luis Emilio Batallán.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails