A música é unha das expresións máis marabillosas do ser humano. Pode transportarnos a momentos, lugares, lembranzas, persoas... Transmítenos sensacións e permite canalizar emocións.
Que sería de nós sen música?
As nosas vidas, sen dúbida, serían moi diferentes!
As nosas vidas, sen dúbida, serían moi diferentes!
Ademáis, a música ten efectos moi positivos no desenvolvemento do cerebro dos nenos e nenas: aumenta a capacidade de memoria e concentración, mellora as habilidades de razoamento, favorece o desenvolvemento motriz (equilibrio, coordinación...), exercita a discriminación auditiva e a capacidade de escoita, favorece os procesos de lectoescritura (ritmo, secuencias temporais...), e un montón de cousas máis!
A nosa proposta para hoxe é darlle ao PLAY a esta playlist de Spotify, creada especialmente para vós, e sentir a música!
Para hoxe non precisades ningún material
Suxerímosvos que compartades este tempo coas vosas fillas e fillos, diversión asegurada!
Suxerímosvos que compartades este tempo coas vosas fillas e fillos, diversión asegurada!
1- Bailar, bailar e bailar!
2- Máis difícil aínda! Baila sobre un pé, baila deitado boca arriba e boca abaixo, baila cos ollos pechados, baila descalzo...
3- Podes seguir o ritmo da canción? Intenta acompañar con percusión corporal (palmas, pés... ou calquera que ti inventes!).

4- Facer consciente as diferenzas entre unhas cancións e outras (ritmos, melodías...).
5- Que nos fai sentir cada canción?
6- A ver se consigues identificar o son dalgún instrumento!
E para rematar... animádesvos a facer esta coreografía con percusión corporal?
No hay comentarios:
Publicar un comentario