Aquí vos deixamos unha pequena mostra das nosas clases de Inglés
Mostrando entradas con la etiqueta English. Mostrar todas las entradas

viernes, 22 de diciembre de 2023
domingo, 28 de febrero de 2021
The Rainbow Fish
Antes do Entroido fixemos un contacontos bilingüe Galego-Inglés que nos encantou: The Rainbow fish.
Ana e Nati (as nosas profes de prácticas) traballaron un montón para crear un escenario marabilloso de luz negra.
Nestes días, recordamos o conto, e descubrimos que hai plastilina fluorescente! Pasámolo xenial e desenvolvimos a nosa motricidade fina traballando nos nosos grupiños.
sábado, 13 de febrero de 2021
Conto plurilingüe.
Este venres tivemos sesión de conto plurilingüe con luz negra, gracias a Teacher, a Ana e a Natalia por facer posible esta sesión tan increíble.
miércoles, 11 de noviembre de 2020
Bailamos na casa!
Ola familias!
Hoxe un pouquiño de música.
Imos ver o vídeo e seguir as instruccións. Coma sempre, deixade que vexan o vídeo e sexan eles/as sós os que intenten comprender o contexto xeral: é moi faciliño, ao principio seguro que non entenden o que digo, pero unha vez comece o baile, xa se sitúan nas instruccións que deben seguir. Pode que precisen velo enteiro antes de seguir as instruccións e comprender exactamente o que teñen que facer, pode que o comprendan na metade do vídeo, ou pode que ao principio: cada un/unha tén seu ritmo e proceso de asimilación, e todos son igual de válidos.
Bailamos con imitación, obedecemos a miña orde ao parar a música e volvemos bailar cando continue.
As expresións son moi curtiñas e directas:
"Put your hands on your head": poñemos as mans na cabeza.
"Touch your nose": tocamos o nariz.
"Sit down on the floor" : sentámonos no chan.
"Slither like a snake": deslizámonos como unha serpe.
"Stand on one leg": Sotémonos cunha soa perna.
"Hop three times": saltamos tres veces.
É moi importante que lle transmitades que non pasa nada se non nos sae o baile, xa que é un pouco complicado e os pasos son moi rápidos! Intentei transmitirllo no vídeo, pero sería importante que fixérades fincapé niso: unha boa maneira é que bailedes con eles/as e que vexan que para vós tamén é difícil, pero o importante é pasalo ben. Na aula empregamos moitas veces este tipo de vídeos para traballar a coordinación e a atención e sóelles gustar moito, por iso quixen intentar facer algo parecido ó que empregamos habitualmente.
Como xa vos comentei, pasade por alto cando din que non me entenden: non é problema do efecto de voz rápida, débese a que, aínda que si que teñen escoita e práctica en inglés, esta segue a ser unha lingua "descoñecida" para eles/as; están nos primeiros anos da súa aprendizaxe. Eles/as están comezando a ter clara a súa lingua materna, entón, élles moi complicado recibir unha nova con total claridade. Por iso unha metodoloxía moi empregada en Educación Infantil para a adquisición dunha segunda lingua, é aquela que asocia palabras e expresións orais ás imaxes, tanto estáticas como en movemento; partimos do entendemento dun contexto xeral para centrarnos despois no máis concreto.
O efecto da voz rápida é simplemente para que lles resulte máis divertido, e tamén é un "entrenamento" do oído, xa que os debuxos animados ou algunhas cancións tamén empregan voces distorsionadas.
O importante é que queiran volver a ver os vídeos e que lles enganchen, e así, a base de escoita e repeticións adquiren unha das capacidades básicas primeiras: "Listening" (escoita), que é como se comeza tamén a aprendizaxe da lingua materna.
Aquí vos deixo o vídeo! Espero que lles guste. Calquera dúbida ou o que precisedes, agárdovos en abalar!
Moitas gracias polo voso esforzo. Xa queda moi pouquiño!
Na escola botámolos moito de menos!
martes, 3 de noviembre de 2020
"The most loving monster in the world"
Boas familias!
Para rematar con Halloween, aquí vos deixo unha historia baseada no conto "Bedtime for Monsters": resulta que hai un monstro que vive debaixo da miña cama, e parece que me vai comer....pero....Mirade, mirade!
Aínda que é un conto pensado para os nosos Dinos, hoxe vírono os nenos/as de 4 e mañá na escola traballarán con el os nenos/as de 5. Así que o poden disrutar tod@s tamén na casa.
Recomendacións:
Antes de velo, poñédeos en contexto: decídelle que é un conto de Halloween, que ao principio pode dar un pouco de medo, pero que, véndoo ata o final, non hai nada que temer! Teacher tén un monstro debaixo da súa cama que está trazando un plan para comela, pero...non todo é o que parece!
A primeira vez que o vexades, non o paredes, que o vexan ata o final; cando remate facédelle preguntas xerais sobre que cren que pasou na historia. Aquí é onde lle podedes explicar que o monstro só me quería espertar para que lle preparase o almorzo (é a ultima secuencia: "Are you hungry, monster? Time to preprare your breakfast!"), e tén unha maneira moi peculiar de espertarme! A bicos! (the most loving monster in the world)
En canto ao que podemos facer fincapé, é en vocabulario e expresións como:
-Good night! (boas noites)
-I´m hungry (teño fame!)
-Numbers: 1-5 (conta atrás)
-Let´s go! (Imos alá!!)
-Ready, steady, go! (preparados, listos, xa!)
-Jump! (saltar)
Espero que vos guste.
Calquera dúbida, podedes escribir ben aquí na opción de comentarios ou ao meu abalar!
Non queda nada familias! Prontiño nos vemos!
jueves, 29 de octubre de 2020
Magic Works!
Bo día Familias!
Aquí vos deixo un conxuro en Inglés para Halloween; está enfocado para a aula de 3, aínda que poden disfrutalo todos/as.
A idea é simplemente que sigan en contacto co Inglés e que sigan vendo ao seu referente da lingua na escola. O vídeo é moi intuitivo, e aínda que non entendan todas as palabras, o importante é que comprendan o contexto xeral.
Poderán escoitar palabriñas que estamos aprendendo na aula así como a canción que empregamos para esta tempada de Halloween (despois do conxuro, déixovos o enlace á canción).
A primeira vez que vexan o vídeo, recomendo non paralo, senón que o vexan atá o final. Unha vez remate, podedes facerlle preguntas sobre o contexto xeral (en castelán ou galego) como por exemplo:
-Quen aparece no vídeo?
-Que está facendo?
-Quen é Witchy the Witch? ( a bruxa que aparece ó final xa é coñecida por todos/as, que a empregamos na aula de Inglés e gústalles un montón)
...e todas as preguntas que se vos ocorran.
A segunda vez que o vexades, si o podedes ir parando e repetindo e facendo que repitan algún vocabulario como:
-Pumpkin ( podemos aproveitar para insistir no color "Orange")
-Spider (color "Black")
-Monster ( color "Green")
-Bat ( volvemos a repetir "Black")
-Snake ( color "Purple")
Pois aquí vos deixo o conxuro e o enlace á canción! Espero que lles guste! Podedes escribirme as impresións dos nenos/as ou preguntarme calquera dúbida en comentarios, ou ben por abalar.
Ánimo familias!
martes, 27 de octubre de 2020
miércoles, 27 de mayo de 2020
OneMinuteEnglishLessons Chapter IX: "Busy Day"
Bos días familias!
Onte tiven un día moi ocupado (busy day), quería recoller a casa, pero Aúpa tiña todos os seus xoguetes desperdigados.... e, ademáis, gústalle moito "facerse o avión"!
As expresións e palabras nas que nos centramos despois de velo, son as seguintes:
-Wake up! : desperta!
-Breakfast: almorzo
-Aumentamos vocabulario das comidas: strawberries, milk, cereal, cookies
-What´s this? : que é esto?
-Clean up: limpar
-Pick up your toys! : recolle os teus xoguetes!
-Asleep: dormido/a
As horas do día, son simplemente para que teñan o primeiro contacto, non é necesario que nos paremos demasiado nas expresións, ao igual que aquelas como: Sweep the floor(barrer o chan), brush my teeth: cepillar os dentes (aínda que podemos repetirllas cando elas/es o fagan todas as mañáns, así irán asimilándoas no contexto real).
Espero que vos guste!
Despois déixovos a canción de recoller, que xa coñecen da aula que podedes empregar tamén en contexto real diario.

miércoles, 20 de mayo de 2020
OneMinuteEnglishLessons Chapter VIII
Bos días familias!
Seguimos co tema "Food".
Fago un intento de merendar, pero a Aúpa gústalle todo o que merquei no supermercado, así que...Mirade, mirade!
Ampliamos un chisquiño e repasamos vocabulario relacionado coas comidas: ORANGE, APPLE, BREAD, CHEESE, COOKIES.
As expresións nas que nos centramos son as que se repiten no vídeo:
-Snack time! (Hora da merenda)
-Do you like....? ("gústache.....?)
-What´s the matter? (Qué pasa? )
-I´m hungry! (Teño fame!)
-Yummy! ( Que rico!)

lunes, 18 de mayo de 2020
Peixiñ@s Valentes!
Hoxe comezamos historia! A historia de Lola! Unha Valente!
Está baseada na na historia real dunha nena de Santiago, á que un compañeiro da escola lle dixo que non podía xogar ao fútbol; nun principio Lola disgustouse moito, pero recibiu unha chamada da mesmísima Verónica Boquete que a animou a seguir xogando.
Nesta primeira sesión, imos, ademáis de escoitar a historia, dar moita importancia o equipo ao que pertence Lola.
Aí vai o vídeo! Ánimo familias!

miércoles, 13 de mayo de 2020
One Minute English Lessons VII
Bos días familias!
E xa imos polo capítulo VII!!
Para combatir o aburrimento, decido xogar a "I spy" ( "veo, veo") cunha amiga que tod@s coñecedes, chamàndoa polo meu "bananòfono"...
Coma sempre vos digo, a primeira vez que o vexades, preguntade se entenderon o que ocorreu.
É un vídeo que tén bastante diálogo, e coma sempre vos digo tamén non pasa nada se non entenden todas as palabras e expresións.
Nas que poñemos fincapé poden ser as seguintes:
- Hi! (outro xeito de saúdar)
-I´m bored (estou aburrida/o)
- Prestar atención na frase que se repite no xogo: "I spy with my little eye, something beginning with..."
Déixovos despois do vídeo, unha canción que servirá para introducir as seguintes sesións, que lle adicaremos ao tema "Food" ( as comidas). É unha canción que xa coñecen de tela escoitado na aula, seguro que algúns/nhas a recordan, e é faciliña de entender.
Moitos biquiños e ánimo!

miércoles, 6 de mayo de 2020
One Minute English Lessons Chapter VI "The Tower"
Pois hoxe quixen facer deporte....pero....con Aúpa é un pouco difícil!
A continuación do vídeo déixovos a "versión real" da Torre e un pequeno xogo que preparei.
Agradecementos ao profe Rubén, do Colegio de La Asunción en León, que nos prestou o seu vídeo para que poidamos practicar.
Aí vai!
A primeira vez que o vexades, coma sempre, preguntade se saben o que pasou e se recoñeceron algunha palabriña ou expresión.
Despois, xa podemos centrarnos no resto parando pouco a pouco o vídeo.
-Saúdos: Good Morning (vemos que é pola mañá)
-How are you? (Como estás) e como cren que está Aúpa? (Is she happy/sad/sleepy/angry?) (facede sempre xestos coa cara para as preguntas, sobre todo para os máis pequenos)
-The Tower: o nome do xogo, xa que imos facer unha torre.
-A pregunta final é : Can you do it? (podes facelo?)
Pois imos alá! Intentádeo co vídeo do profe Rubén!
Védeo primeiro enteiro para saber a parte a realizar: tedes que adaptar un pouquiño máis a segunda versión do exercicio que nos explica (a que está feita de cara a 1º e 2º de Primaria), con moita máis supervisión por mor dos vasos de cristal (mellor se son de cristal duro). Se seguides a velo moi perigoso, podedes cambialo por vasos de plástico, por algún envase que teñades en casa, ou co material que se vos ocorra que poida servir; o importante é que coloquen ben o corpo ao facer a Torre coma ven no vídeo.
Despois disto, un pequeno xogo que preparei. É unha versión do clásico : "Simon says...."("Simon dice...."); eu cambieino por: "Aúpa says...." É dicir, a que manda, é Aúpa, se Aúpa non di as ordes, non debemos obedecelas.
Practicade primeiro antes de ver o vídeo con eles/as para distinguir (ou recordar) onde está o brazo dereito/esquerdo (right arm/left arm). Dicídelle que necesitamos practicar para poder xogar a "Aúpa says...." Para iso podedes escribirlle un R na man dereita e un L na man esquerda; xogar a estiralos moi despacio, moi rápido, un rápido e outro despacio cando vós llo digades. Se queredes ir engadindo dificultade, facédeo diante dun espello, ou xogando a que vós mesmos sodes o seu espello.
Na primeira parte do vídeo, escoitan as ordes que os/as preparan para xogar, dicídelle que é o Warm-up! ( quentamento) e comezamos a xogar cando eu os avise no vídeo. Ollo! Cada vez vai máis rápido!
É máis divertido se non deixan de facer o que escoiten ata que pase a diapositiva (é dicir, por exemplo, quedamos tocando as rodillas ata que cambie a orde)
Xa me contaredes como resulta!
Biquiños familias!

miércoles, 29 de abril de 2020
One Minute English Lessons V
¿Que lle pasará a Aúpa cando descobre que o protagonista do "Conto de antes de durmir é un gato???
Antes de durmir, cóntolle un conto a Aúpa.... Hoxe tocou Pete the Cat. A maioría dos nenos/as xa coñecen o conto, xa que o contamos na aula varias veces. Se hai algún/ha que non o coñeza, non hai problema, porque a historia séguese ben.
Cando Aúpa descobre que o protagonista é un gato, escapa correndo, e sabe dun sitio onde non a vai coller..... Mirade, mirade!
(Debaixo do vídeo déixovos unha proposta)
(Aínda non controlo moi ben a APP dos vídeos, por iso se ve tan pequeno; se o vedes dende o teléfono, poñéndoo en horizontal, vese un chisco máis grande)
Coma sempre, ver se entenden o contexto xeral na primeira reproducción, e, nas seguintes, animádevos a preguntarlle se recoñeceron algunha palabra ou expresión.
Elaborei un xogo de proba, por se queredes facelo, para despois de ver o vídeo. É preciso descargar unha APP. É moi sencilliño, non necesitades rexistrarvos, póñovos aquí as instruccións:
1* Descargar a APP: Make It- Create Educational Games.
2* Moi importante: Ao entrar, daravos a elixir entre profesor ou estudante, elixide ESTUDANTE
3*Poñede o nome do neno/a (sen apelidos) cando volo requira a APP especificando a aula na que está; exemplo: María3anos
4*Na parte esquerda arriba, ides a Mi aula (My classroom) e inserides este código: UFQZYC (maiúsculas)
5*Abaixo, hai tres pestanas, tedes que entrar na que pón: Code (Código) e inserir o seguinte número: 840130.
6* Aí vos aparece o proxecto Pete the Cat para poder xogar (son varias diapositivas, premede Next cada vez que fagades unha).
É RECOMENDABLE QUE O FAGADES VÓS PRIMEIRO ANTES DE ENSINARLLO A ELES/AS.
Sempre que vos atopedes un altavoz vermello nas diapositivas, premede primeiro sobre el, e despois intentade
xunto con eles/as contestar ás preguntas. Resultará complicado ao principio, sobre todo para os máis
pequenos/as, xa que a forma escrita en inglés, case non se traballa en Infantil; pero o importante é
que poidan distinguir algunha palabriña, entender a pregunta xeral, e que poidan escoller oralmente
entre as opcións que lle dá a pregunta (acompañade sempre a pregunta de xestos); á hora de escribir
ou premer sobre a correcta, axudádelle vós. Hai un límite de tempo para cada pregunta (120
segundos) , explicádelle que non pasa nada aínda que fallemos, porque podemos xogar todas as
veces que queiramos ata conseguilo! E así, van interiorizando as palabras "en bloque" ( aprender a
identificar a palabra en inglés sen separala por letras, iso poderíalles crear confusión, xa que están
aprendendo a escribir na súa lingua e é moi diferente). Por iso, nas diapositivas que é preciso formar
palabras, movede vós as letras para eles/as vexan o resultado final.
Fago este de proba, esperando as vosas opinións para saber se lles gustan este tipo de xogos, ou os
atopan demasiado complicados; as primeiras veces que o fagades, seguro que si vos resultará un
chisco difícil, pero como non hai límite para repetilo, intentádeo en tres ou catro ocasións, para ver se
así podedes "collerlle o gusto".
Non desisntaledes a APP, porque en caso, de gustarvos os xogos, podo seguir na mesma liña.
Grazas por todo e ánimo!

miércoles, 22 de abril de 2020
One Minute English Lessons. Chapter IV
Nova entrega de One Minute English Lessons!
Adicámoslla aos números.
Coma sempre, o importante é que comprendan o que sucede no vídeo, nas primeiras reproduccións.
É un xogo que seguro que algunhas familias xa coñecedes; moi sinxeliño pero axúdalle moito non só para repasar os números en inglés, senón tamén para a coordinación visual e espacial ao ter que comparar o papel que teñen fóra co que está dentro da bandexa con fariña para localizar os números.
Vós podedes facelo ao voso gusto segundo vaian controlando os números: para os máis pequenos/as poñelos en orden e elixir a secuencia que se adapte a eles/as: por exemplo comezar só do 1 ao 5, e a maior control, maior dificultade: números desordenados e maior cantidade.
Vós dicides os números, e os pequenos/as, a buscar! E despois, intercambiar roles!
Podemos aproveitar tamén para ver algunhas expresións e vocabulario, como por exemplo:
-Flour (Fariña), paintbrush (pincel), tray (bandexa)
-Game over (cando os xogos rematan)
-Sorry (pedimos perdón)
A "nota importante" do final do vídeo, considerei poñela para os/as que tedes animais na casa: por se algún neno/a quere facer o mesmo, quero que entendan, que non a todas as mascotas lles divirte o mesmos xogos :)
Recordade que todas as propostas que vos fago, non son para facer no mesmo día, podemos repartila en días diferentes segundo vexades de ánimo aos pequenos/as: un día ver o vídeo, outro preparar o material para o xogo, e buscar e escoitar a canción completa e bailala: "Five little monkeys" (xa a coñecen da escola), ó seguinte xogar... como creades convinte; así podedes intercalar no mesmo día, as diferentes propostas que se ofertan durante toda a semana no blogue; é un xeito de variar de actvidades durante o tempo diario que estades adicando a todo que vos propoñemos.

miércoles, 15 de abril de 2020
One minute English Lessons. Chapter 3
Bo día! Aquí vos deixamos unha nova lección de One Minute English Lessons.
A idea destes vídeos é que se divirtan e que non se lles faga longo; ese é o motivo polo que son tan curtos e a cámara rápida; non importa se non entenden todas as palabras e expresións, o que pretenderemos é que saiban o que pasa no contexto xeral a primeira vez que o vexan.
As seguintes veces que o vexades (recomendo non máis de tres ou catro) , xa podedes centrarvos nas palabras e expresións (insisto en que si non entendedes todas, non hai problema, pasámolo por alto, e tamén podedes xunto cos nenos/as deixar un comentario aquí preguntándome calquera dúbida); que estean a cámara rápida tamén é moi bo para acostumar o oído a escoitar debuxos animados ou contos en Inglés, onde moitas veces aparecen voces distorsionadas.
Neste vídeo traballamos as letras do abecedario xunto coas formas, e a proposta é que fagades tarxetas con todas as letras, acompañándoas dun debuxo feito coas formas que vedes.
Estas tarxetas son moi útiles para diferentes xogos :
-Dámoslle a todas a volta e adiviñamos: Where is the elephant? (aprendemos vocabulario). Podedes xogar individual, en parellas, ou en grupo rotando os turnos ata que unha persoa adiviñe.
-Memory: Con todas as tarxetas sobre a mesa: "E is for...." (eles deben recordar que figura fixeron para esa letra e buscala entre todas).
-Esconder algunhas das tarxetas pola casa (ensinamos primeiro cales son) e segundo as preguntas deben atopalas: "Where is the elephant?" e incluso podemos describir as localizacións para darlle pistas: "The elephant is under the table"
Estes xogos son só algúns exemplos, seguro que se vos ocorren moitos para xogar un anaquiño todos os días!
Espero que vos guste!
Calquera dúbida que teñades, escribídea en comentarios, estarei atenta!

lunes, 4 de noviembre de 2019
English time!
Algúns traballiños en Inglés...
Catch the witch/ghost/pirate...
How many legs does the spider have?
Escribimos as primeiras palabriñas de xeito espontáneo!
Let´s make a monster!
Decoramos as fiestras ao mesmo tempo que aprendemos vocabulario
Debuxo guiado: "The monster has got three eyes, two teeth, one big nose..."

viernes, 27 de septiembre de 2019
English Time!
Comezamos as clases de Inglés divertíndonos un montón e aprendendo nos diferentes rincóns:
Contamos en Inglés as pezas que precisamos para diferentes construccións.
Ao mesmo tempo que desenvolvemos a motricidade fina, aprendemos o nome de diferentes animais.
Coa nova impresora 3D que temos na escola, creamos pezas para e damos renda solta a imaxinación
Construccións que nos serven tamén para repasar cores e formas.
Grazas ao papá de Lía, podemos xogar cos escornabots na escola: traballamos a orientación, ordes en inglés, vocabulario...
Como nos gustan os sellos!
Comezamos co abecedario en Inglés! Grafía, cores, tamaños...

lunes, 19 de febrero de 2018
One love
No novo proceso de Inglés empregamos os novos libros que chegaron a Biblio! One Love, baseado na canción de Bob Marley foi o escollido. Escoitamos a canción, lemos o conto, e coloreamos por parellas, colaborando xuntos, como nos di canción: xuntos, todo sae mellor.
" One love, one heart...Let´s get together and feel all right"
A crazy tale!
Nos procesos de Inglés, teacher non foi capaz de contar un conto! Empezaba a contalo, pero sempre se trabucaba! Menudo lío!!! Correndo dun lado para outro!!!
" One sunny day.... No, no no! It is not sunny! It is rainy!!! so, I take my umbrella and.... No no no! It is not rainy!!! It is cloudy!!! so, I put on my hat... No No No!!! ..."
The World´s most difficult puzzle!
Por fin as campioas Comba e Catu e o campión Xoel conseguiron resolver o puzzle máis difícil do mundo que nos traía de cabeza dende Outubro! Noraboa!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)