Grazas infinitas ás nosas mamis que se encargaron de asar as castañas dende primeira hora da mañá. Grazas á ANPA por coordinar os detalles da festa e grazas mil a Mercedes, nai de Sabela, por amenizar este ratiño tan fermoso coa música da súa gaita.
Mostrando entradas con la etiqueta Magosto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Magosto. Mostrar todas las entradas
domingo, 14 de noviembre de 2021
Magosto 2021
Venres de festa, respectando o Protocolo Covid pero por fin xuntos (pero non revoltos) no noso fermoso xardín.
sábado, 11 de noviembre de 2017
viernes, 11 de noviembre de 2016
jueves, 10 de noviembre de 2016
miércoles, 9 de noviembre de 2016
lunes, 16 de noviembre de 2015
jueves, 13 de noviembre de 2014
domingo, 17 de noviembre de 2013
domingo, 11 de noviembre de 2012
Un adianto do Magosto
Aquí vai un pequeno adianto das fotos do Magosto, pero non é un adianto calquera, é unha reportaxe fotográfica feita íntegramente por Sergio Toure, de 4 anos. Mirade, mirade!!! Qué profesionalidade!!!
| Another free photo slideshow by Smilebox |
miércoles, 9 de marzo de 2011
XIÁN E O CASTIÑEIRO - ACTIVIDADE LIM
martes, 9 de noviembre de 2010
MAGOSTO 2010 NO E.E.I. MONTE DA GUÍA
O luns día 8 e dentro dos prazos establecidos para os magostos tradicionais celebramos o noso Magosto, onde non faltaron manchea de castañas asadas, algunhas cocidas que tamén había e postres tradicionais, e sobre todo non faltou o bo humor e a música tradicional en directo a cargo das profes Raquel i Eva.
E como un Magosto non pode ser tal sin que os participantes se emborren a cara, xa que non nos deu para facelo ao xeito tradicional, utilizamos as novas tecnoloxías a tal fin, e aquí tedes un "emborrado dixital".
O MAGOSTO
Nos días comprendidos entre o 1 de Novembro, día de Tódolos Santos e o 11 do mesmo mes, día de San Martiño, é costume facer o Magosto onde sempre abondan as castañas asadas, o viño novo e os chourizos. No xeito mais tradicional faise unha fogueira co pico dos piñeiros e, con castañas cubertas entre dúas capas de faísca. É parte da festa emborrarse a cara coas cinzas, así como facer distintos xogos tradicionais, contar contos e cantar cancións populares. Nunca faltou en Galicia unha boa comida, fose do tipo que fose, que non estivese acompañada de cantigas populares
Non chas quero,
non chas quero,
castañas do teu magosto,
non chas quero,
non chas quero,
que me cheiran ao chamosco.
Moitos preguntarédesvos que significa a palabra magosto, pois é nin mais nin menos ca ación de magostar ou sexa asar castañas. As castañas foron durante moito tempo a base alimenticia do pobo galego; utilizábase como froito seco ou moído como fariña, mais coa chegada do millo e a pataca de América no século XVI, perderon o seu lugar de privilexio na dieta campesiña. Hoxe en día son ademais un bocato de cardinale coma o cotizado postre do "marron glacé".
Según contaba o viaxeiro inglés Swinbume do século XVIII, a xente de Galicia comía castañas a véspera do día de Defuntos coa crenza de que cada unha libraba unha alma do purgatorio.
jueves, 26 de noviembre de 2009
MAGOSTO 2009
O mércores da semana pasada fixemos unha parada nas nosas viaxes polo Universo para regresar ao noso planeta e celebrar como tódolos anos unha das tradicións galegas de mais raigame popular, o Magosto. Alumnos, mestres e pais estivemos todos xuntos pasando un bo rato e comendo castañas, que era do que se trataba. Visitounos ademáis un castañeiro que deixóu as castañas no seu punto.
domingo, 9 de noviembre de 2008
O magosto
O xoves algunhas nais estiveran preparando uns vestidos coas castañas que nós pintáramos.
Xa o venres, mentres nós estabamos na clase coas profes, Ceferino e José, axudados por algunhas nais, fixeron unha fogueira e empezaron a asar as castañas.
Ao redor das once e media saimos nós ao patio e empezamos a comer castañas, mentres eles seguian asando máis.

A partir das doce, empezaron a chegar algunhas nais, pais, avós,..., que celebraron o magosto con nós.
Despois das castañas aínda nos quedaron ganas de comer un anaco de biscoito, unhas patacas fritidas, gusanitos e algunhas cousas máis.
Pasámolo superben.
Graciñas a todos e todas os que colaborastes para que a festa fose guai: as nais que fixeron os vestidos, aos que asaron as castañas, as familias que mandastes cousas para a merendola, e a todos e todas os que puidestes disfrutar con nós da festa.
viernes, 7 de noviembre de 2008
Os froitos de outono en infantil de 3 anos
Na aula de tres anos fixemos unha exposición de froitas de outono, despois de falar das súas características ; a cor , a textura , o sabor , etc. Recoñecémolas polo tacto . Aprendemos algunha poesía, cantamos cantigas , adiviñas . Finalmente fixemos unha macedonia de froitas e degustámolas todos ( uhmmm que ricas).
A Mandarina
" Que rica é a mandarina! ,
que ben se lle quita a pel !,
saen un montón de gajos,
e é doce coma o mel.
Cando mamá ma dá ,
eu teño que comela,
favorece a saude
e axúdame a medrar. "
A Mandarina
" Que rica é a mandarina! ,
que ben se lle quita a pel !,
saen un montón de gajos,
e é doce coma o mel.
Cando mamá ma dá ,
eu teño que comela,
favorece a saude
e axúdame a medrar. "
domingo, 2 de noviembre de 2008
DO SAMAIN AO MAGOSTO
viernes, 16 de noviembre de 2007
O Magosto
Hoxe festexamos o tan esperado Magosto, que este ano colleunos un pouco tarde, pero pasámolo... ¡¡¡xenial!!!
Viñeron os castañeiros para que puidésemos ver cómo asaban as castañas, sentámonos ó redor deles a esperar a que estivesen listas e despois fixemos un tren enorme para coller o noso paquetiño dun en un.
Tamén viñeron os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria do CEP Santa Tegra, ós que tiñamos moitísimas ganas de ver. Estamos seguros de que o pasaron xenial xogando no patio e recordando vellos (e bellos) tempos.
Seguro que @s peques durmirán moito esta noite, ¡porque estamos tod@s cansadísimos de tanto xogar!
Aquí están algunhas das fotos (faltan moitas, porque non temos autorizacións da imaxe d@s nen@s de Primaria e non podemos publicalas).
BubbleShare: Share photos - Make some Thanksgiving Crafts!
Viñeron os castañeiros para que puidésemos ver cómo asaban as castañas, sentámonos ó redor deles a esperar a que estivesen listas e despois fixemos un tren enorme para coller o noso paquetiño dun en un.
Tamén viñeron os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria do CEP Santa Tegra, ós que tiñamos moitísimas ganas de ver. Estamos seguros de que o pasaron xenial xogando no patio e recordando vellos (e bellos) tempos.
Seguro que @s peques durmirán moito esta noite, ¡porque estamos tod@s cansadísimos de tanto xogar!
Aquí están algunhas das fotos (faltan moitas, porque non temos autorizacións da imaxe d@s nen@s de Primaria e non podemos publicalas).
BubbleShare: Share photos - Make some Thanksgiving Crafts!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



