Mostrando entradas con la etiqueta dinostegrinha. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dinostegrinha. Mostrar todas las entradas

lunes, 21 de junio de 2021

Momentiños

 Aquí tedes un resumo do xogo libre dentro do cole día a día. Así de ben o pasamos ...



FOTO FIN DE CURSO DOS DIN@S

Os din@s dende a súa aula burbulla despiden o seu primeiro ano no cole. Este ano tan cheo de incertidumbre,medo,separación e individualista... Desexamos que prontiño academos a ansiada normalidade e poder darnos apertas e moitos bicos. Mentras tanto seguimos na nosa burbulliña con moita ilusión. 


Moitas grazas familias pola vosa implicación e polos vosos ánimos e eses sorrisos que trapasaban as mascarillas. 
* os nenos/as que faltan non se animaron a facerse a fotiño.



sábado, 19 de junio de 2021

Proxecto piratas

Cheo de erros ... pero o noso primeiro croma feito. Aqui tedes un resumo sobre o proxecto dos piratas. 

 Moitos non se atreveron a poñerse diante da cámara outros como se fose parte do seu día a día...



 

martes, 18 de mayo de 2021

Os piratas máis terribles da nosa escola xa están aquí... tede coidado!!!!

LER EN GALEGO , MOLA MOITO!

viernes, 14 de mayo de 2021

Letras galegas

O vindeiro luns e o día das letras galegas e os dinos quixemos celebralo “dándolle a lingua”. As propostas desta semana foron adicadas a figura de Xela Arias, a nosa homenaxeada deste ano, e a importancia da lingua galega  promovendo o seu uso a través dos contos. 
 
 







sábado, 24 de abril de 2021

Instalacións artísticas

 Que ben se está cando se pasa ben. Esto é o efecto que produce cando se entra na clase e atopamos unha instalación na clase. Moita maxia, diversión , exploración e sobre todo momentos para crear xuntos. 



sábado, 17 de abril de 2021

Dinos

Aquí tedes un resumo destes meses coñecendo aos dinos. Agora toca piratear ata que acabe o curso . 




 Que sorte contar con espazos verdes preto do cole. Con moitas ganas subimos para explorar a nosa contorna nesta estación. Aquí tedes un mostra deste momento. 









sábado, 13 de marzo de 2021

Rematando o inverno

O inverno xa está remantando ... pero antes de dar paso a nova estación deixamos unhas fotiños das  propostas na aula dos dinxs. 







martes, 9 de marzo de 2021

Día da muller na clase dos dinxs

Os dinxs estivemos investigando sobre a importancia das mulleres na nosa Historia. Relacionado co noso proxecto , atopamos a primeira muller recoñecida como paleontóloga.
 
 Mary Anning nacida no Reino Unido e gústaballen tanto descubir fósiles  que ata montou unha tenda. Para que sepades un pouco máis da súa historia , deixamos a continuación un vídeo feito polo MUJA ( museo adicado aos dinos de Asturias)
 
   
 
 
 
 



 

viernes, 5 de marzo de 2021

Día do amor

Os dinxs quixemos celebrar o día máis amoroso do ano (14 de febreiro) como o Covid non deixa achegarnos moito, decidimos enviarvos moitos bicos virtuais.

 

viernes, 12 de febrero de 2021

Dino entroido no Monte da Guía

O primeiro Entroido na escola para os nosos dinxs.Tocoulle un ano singular e excepcional, pero soamente hai que ter ganiñas para montar unha boa festa . Este ano tivo que ser moi reducido... pero aínda así fixemos desta festa momentos de diversión, aprendizaxe, experiencias entre todxs... Aquí deixamos fotiños das orde do Meco e as propostas que se levaron a cabo durante esta semana. 














viernes, 5 de febrero de 2021

Os venres para os dinos e o día da biblioteca. Aínda que o Covid non nós deixa ir a biblioteca, a biblioteca ven á clase. É un momento de calma para ver, escoitar , compartir ou contar historias... momentos en solitario ou en pequeno grupo... pero é unha boa maneira de rematar a semana .










viernes, 29 de enero de 2021



 O que comezou sendo unha instalación con sesión de psicomotricidade incluída da nosa mestra de prácticas Ana , rematou sendo un increíble boneco de neve que se compuxo coa axuda de toda a clase. Buscando elementos da aula pouco a pouco fouse compoñendo... A importancia de ser equipo.



 

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails