miércoles, 14 de septiembre de 2016
martes, 13 de septiembre de 2016
Comezando o curso... por todo o alto!
viernes, 23 de septiembre de 2011
BENVIDOS PEQUENOS KOALAS!
Unha vez rematado o período de adaptación, presentámosvos aos novos "peques do cole": LUCÍA, AITANA, RAÚL, NACITO, XABIER, TIAGO, ANTÍA, YARA, ANXO, LOLA, CLAUDIA, PABLO, ADRIÁN, YOUSRA, SANTI, DIEGO, ABRAHAM, ISABELA, YASMÍN e ALAN.
E á nosa nova compañeira, a pequena koala, que aínda non ten nome!
A próxima semana vémonos xa en horario completo: de 9:00 a 13:50.
BENVIDOS!!!
sábado, 3 de septiembre de 2011
Benvidos ao curso 2011/2012
Queremos dar a benvida a todos os alumnos e familias que van compartir este novo curso connosco, especialmente aos que se incorporan por primeira vez ao cole.
Lembrade que as clases comezan o día 12 de setembro para todos os alumnos, aínda que os máis peques farán un período de adaptación, como se regula na Orde do calendario escolar. Volo entregaremos e explicaremos o día da entrevista individual.
O CALENDARIO DE ENTREVISTAS finalmente queda así:
Falta concretar a entrevista coas familias de ABRAHAM e AITANA, xa que o venres non conseguimos localizalas.
martes, 21 de septiembre de 2010
OS PRIMEIROS DÍAS DO NOVO CURSO
martes, 7 de septiembre de 2010
CALENDARIO DO PERÍODO DE ADAPTACIÓN
lunes, 6 de septiembre de 2010
COMEZA UN NOVO CURSO
viernes, 12 de septiembre de 2008
¡POR FIN!
viernes, 4 de abril de 2008
NOVOS ALUMNOS CURSO 2008/2009
viernes, 21 de septiembre de 2007
¡Os maiores do cole!
Nós tamén queremos facer a nosa "presentación oficial". Agora xa somos os maiores, así que temos que dar exemplo e axudar moito ós nosos compañeir@s.
Este ano temos un novo amigo: Joel. Aproveitamos tamén para darlle a benvida.
Ó longo do curso iremos contando todo o que aprendemos coa nosa profe Chus e co profe Jacobo.
E non nos esquecemos das profes Charo e Berta, coas que tamén facemos moitas cousas e pasámolo moi ben.
¡Xa estamos en 4!
jueves, 20 de septiembre de 2007
martes, 18 de septiembre de 2007
Xa estamos tod@s
Esta mañá tivemos unha visita moi importante: o pingüino Marcelino chegou á nosa clase e quere quedar este ano connosco. ¡Seguro que nos axudará en moitas cousas e pasarémolo moi ben con el! Xa iremos poñendo por aquí algunha foto.
miércoles, 12 de septiembre de 2007
¡¡¡Benvidos!!!
Xa estamos de volta. Hoxe comezamos o cole con moitas ganas e celebrámolo por todo o alto: visitáronnos moitas persoas importantes: o noso Alcalde Abel Caballero, a Concelleira de Educación Laura López Atrio e o noso Inspector Modesto.
Despois, para celebrar que de novo estamos tod@s xunt@s, fixemos unha super festa no patio. ¡Pasámolo moi ben!
E mañá... ¡vémonos de novo!







