miércoles, 22 de abril de 2020

One Minute English Lessons. Chapter IV

Nova entrega de One Minute English Lessons!
Adicámoslla aos números.
Coma sempre, o importante é que comprendan o que sucede no vídeo, nas primeiras reproduccións.
É un xogo que seguro que algunhas familias xa coñecedes; moi sinxeliño pero axúdalle moito non só para repasar os números en inglés, senón tamén para a coordinación visual e espacial ao ter que comparar o papel que teñen fóra co que está dentro da bandexa con fariña para localizar os números.

Vós podedes facelo ao voso gusto segundo vaian controlando os números: para os máis pequenos/as poñelos en orden e elixir a secuencia que se adapte a eles/as: por exemplo comezar só do 1 ao 5, e a maior control, maior dificultade: números desordenados e maior cantidade.
Vós dicides os números, e os pequenos/as, a buscar! E despois, intercambiar roles!

Podemos aproveitar tamén para ver algunhas expresións e vocabulario, como por exemplo:
-Flour (Fariña), paintbrush (pincel), tray (bandexa)
-Game over (cando os xogos rematan)
-Sorry (pedimos perdón)

A "nota importante" do final do vídeo, considerei poñela para os/as que tedes animais na casa: por se algún neno/a quere facer o mesmo, quero que entendan, que non a todas as mascotas lles divirte o mesmos xogos :)

Recordade que todas as propostas que vos fago, non son para facer no mesmo día, podemos repartila en días diferentes segundo vexades de ánimo aos pequenos/as: un día ver o vídeo, outro preparar o material para o xogo, e buscar e escoitar a canción completa e bailala: "Five little monkeys" (xa a coñecen da escola), ó seguinte xogar... como creades convinte; así podedes intercalar no mesmo día, as diferentes propostas que se ofertan durante toda a semana no blogue; é un xeito de variar de actvidades durante o tempo diario que estades adicando a todo que vos propoñemos.
Espero que vos guste!


9 comentarios:

Iratxe dijo...

Le encanta ! Se muere de risa !!!
Gracias Teacher tus vídeos son fantásticos , súper divertidos y originales 😍😍😍

Teacher dijo...

Moitas gracias a vòs Iratxe! Alégrame moitìsimo que lle guste ♥️♥️

Merchi dijo...

Que risa!! A Xes tamén lle dixo moita gracia o vídeo, un saudo teacher e grazas

Teacher dijo...

Moitas gracias!Alégrome moito de que vos gusten! Calquera dúbida que teñades, aquí estou. Dálle un beixiño enorme a Xes e outro para vós!

Yolanda dijo...

Maravillosos!!! Mil gracias!

Teacher dijo...

Graciassss!!! Alégranme un montón estes comentarios para saber que lles está gustando e así seguir na mesma liña. Mil bicos

Carolina dijo...

Ya lo vimos 8 veces. Se matan de la risa. Gracias Teacher. Sos una genia

Fer dijo...

Genial, a Claudia le encantó. Que risa.

Greta dijo...

Gracias María!! non sei cantas veces vimos este vídeo, e tamén fixemos a proposta con saltos na cama incluídos. Bicos a todo o claustro

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails