Mostrando entradas con la etiqueta Voz Natura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Voz Natura. Mostrar todas las entradas

lunes, 1 de noviembre de 2021

#retolimpamos - Monte da Guía

Miñocas, Dinos e Formiguiñas participaron coas súas familias no primeiro EcoReto de Voz Natura: #RETOLIMPAMOS.

Xuntos, familia e escola, coidando o medio ambiente e concienciando á infancia para COIDAR e RESPECTAR.

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN, SEMPRE! ♥



sábado, 4 de junio de 2016

Premio ao mellor Vídeo Voz Natura!

E aínda quedaba unha sorpresa!! A nosa Escola fai historia en Voz Natura cun "triplete" gañando tamén o Concurso de vídeos!!



Despois dunha final suuuper emocionante na que case quedamos descalificados, finalmente o noso vídeo "Mundo Moco" foi seleccionado como gañador!
Noraboa especialmente aos actores, que disfrutaron moitísimo inventando a historia, escollendo os personaxes que ían representar, ensaiando... Gran traballo, peques!!!

miércoles, 25 de mayo de 2016

Premio ao mellor Proxecto Infantil Voz Natura!




E facemos "doblete"!!!  Desexando xa que chegue o sábado día 4 de xuño! alí estaremos, en Culleredo, na gran festa "VOZ NATURA"...e vos, familias, tamén: verdade??





sábado, 21 de mayo de 2016

Un premio que nos emociona!!!


E porqué esa emoción? pois porque é o resultado de moooitos esforzos, de moooitas ilusións, de taaantas persoas... Comezamos a andadura "VOZ NATURA" no curso 2012-13, cando a profe Elena propuxo participar e foi ese primeiro ano a coordinadora; chegaron logo os seguintes tres cursos, nos que o profesorado do noso Cole foi acollendo case amorosamente como "elementos habituáis" nas aulas, no patio e na Sala de Mestres "montes e moreas" de botellas de plástico,botes,tapas e tapóns, caixas e outros moitos "refugallos" que sempren andan por medio e forman xa parte da nosa identidade.
Tamén sementes, terra, prantas e frores, receitas e obradoiros, libros de remedios naturáis, sachiños e palas,regadeiras e cabazas: poden aparecer na aula de Moni e as raniñas, ou na de Marta e as súas abelliñas ou na dos maiores ,os coelliños de Elena.Pero elas, as super-profes fan sempre un exercicio de coherencia permanente; clasificando e reciclando en cada merenda, en cada actividade; empregando materiáis de refugallo e elementos do entorno para elaborar adornos de nadal, material didáctico, actividades de plástica e mil cousas máis; valorando o traballo da horta,incorporando contidos aos Proxectos de aula, coidando as sementeiras da aula e un longo etc
E qué dicir de superteacher? sempre valorando,animando, visibilizando ata nos Maios os diferentes proxectos de "VOZ NATURA": un polbo para "Con oLLos de peixe", un espantallo "Cós pés na Terra" e un chulísimo planeta para "Un paso adiante"!ou en atención educativa,no vocabulario de inglés,en psico...
A Biblioteca, ben o saben Mariola, Marta PT e agora Rafa...tamén é "verde": os fondos bibliográficos en temas ecolóxicos e ambientais se reforzan nestes cursos de xeito notable, para o alumnado e tamén para as familias.
E desde a coordinación de Tics foi Marta a artífice da cabeceira do noso blogue: "QuéroT verde" pode pretender ser unha fermosa idea, unha minifrase que quere dicir e transmitir moito...pero o deseño e as "titorías" para poder levalo adiante, teñen nome propio.
Qué dicir do noso alumnado,o motor de todo?pois que é o mellor do planeta Terra!! ao igual que as nosas Familias!!
Sempre asumindo responsabilidades,sempre coas 3R presentes, participando activamente en todas e cada unha das propostas,facendo espantallos ou ArteLixo, apadriñando e vestindo as árbores ou remenxendo actitudes e incorporando moitas outras,en obradoiros de "MartesChef", facendonos sentir que si é posible un mundo máis xusto e sostible. E confiando en nós...ese sentimento que para calquera profe é o mellor agasallo, nos si?
A nosa Horta das 7 lúas ten tamén moitos mecenas que fixeron e fan posible a súa continuidade e que nos ensinaron...taanto!! : Manu-Presi foi o primeiro,e tanto lle daba facer uns bancáis reutilizando palés como ensinarnos vermes californianas ou traendo directamento esterco á horta;Juan (Impórtanos.org)e Belén Fervenza & Laura Casal, que con cada visita de traballo que nos facían chegaba ata a sempre necesaria chuvia e moitas risas;tamén Antón Lois,Susana e Teo...todos eles "Amigos da Terra" e tamén para sempre amigos da EEI Monte da Guía.
A Comunidade de Montes de Teis, ZonaTeis, Centro Cívico e Plan Comunitario de Teis. Voces polo Litoral, CSIC,Salvamento marítimo, ANPA: todos dispostos a dar pulo e apoio a cada un dos nosos Proxectos, sempre. Fran,o noso conserxe, que pon sempre a nota de cor e seguridade no Centro e a conserxe Chus que fixo das rodas un novo Arte, que o mesmo argalla un xardín vertical con botellas que lle da ese toque de maxia có pincel a calquera recunchiño do xardín ou inunda o Cole de casiñas para os paxariños...e nos "ratos libres" fai dúo coa nosa coidadora. na horta ou no xardín e limpan,sachan ou prantan canto ven das mans de Luz da que ademáis aprendemos moitas cousas novas! Grazas a AZ, a Zazu, Erea e Andoni por recoller a idea de "falar en verde" con todas as linguas e de todos os xeitos,ben alto e forte:tamén na LS!
Grazas, de corazón a todos e a todas e a "VOZ NATURA" pola súa confianza e recoñecemento!

viernes, 22 de abril de 2016

Todos os días son 22 de abril

Hoxe, 22 de abril, celebramos que é o DÍA DA TERRA!!

E para que vexades o importante que é para nós, hoxe e sempre, aquí vos deixamos este vídeo multilingüe que recolle parte do  vocabulario traballado có noso alumnado no proxecto VOZ NATURA: como dicir "pemento verde, contenedor ou compartir" nas diferentes linguas que se empregan no noso Cole e taaan importante como cada unha das actividades que ao longo destes cursos levamos a cabo.

Grazas mil a AZ pola súa mirada especial, pola súa colaboración e por formar parte de unha Comunidade Educativa, a nosa, que nos enche de orgullo!



miércoles, 25 de febrero de 2015

"Los pequeñitos salvan el planeta"


Unha reportaxe de Antón Lois para La Voz de Galicia que nos emocionou a todos e todas. Podedes lela AQUÍ.

sábado, 14 de febrero de 2015

Prantamos árbores...

Queredes saber que tal o pasamos no Monte da Madroa prantando árbores? Pois visitade o noso blogue QUÉROTE VERDE!


sábado, 4 de octubre de 2014

Mil miradas amigas!


O noso blogue QUÉROTE VERDE, no que podedes ver toooodo o que traballamos sobre o proxecto Voz Natura (este ano COS PÉS NA TERRA), chegou esta semana ás 1000 visitas!!!

Non vos esquezades de botarlle unha olladiña de cando en vez para ver as actividades que facemos!


domingo, 27 de octubre de 2013

Con Ollos de Peixe

Recordade visitar de cando en vez o noso blogue CON OLLOS DE PEIXE, no que vos mostramos o que traballamos sobre o mar dentro do Proxecto Voz Natura.
Tedes o enlace directo na columna da esquerda deste blogue, onde vedes esta imaxe:


miércoles, 1 de mayo de 2013

jueves, 14 de febrero de 2013

Seguimos investigando...

Continuamos investigando e aprendendo moitísimas cousas do proxecto deste trimestre: Reciclaxe...


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This slideshow generated with Smilebox

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails