viernes, 13 de noviembre de 2026
Saída á Carballeira
Como vén sendo costume na nosa escola, aproveitamos a chegada do outono e o bo tempo para vistar a Carballeira da Guía e observar de primeira man o paso desta estación tan fermosa, descubrindo os sinais, os cambios e os elementos da natureza que nos anuncian a súa chegada.
sábado, 31 de octubre de 2026
En Samaín con somo coidadín
A partir da lectura do conto "Cabaciña quere disfrazarse", as crianzas aprenderán como son os disfraces seguros e os artigos que se usan en Samaín. Para iso, traballarán os símbolos de seguridade, o marcado CE e elaborarán a súa propia cabaza.
Lúa non cabe nunha caixa
Esta semana de Samaín disfrutamos de varias actividades, entre elas unha sesión de contacontos.
"Lúa non cabe nunha caixa" é un conto co cal se traballa a autoestima, diversidade corporal e a identidade.
Samagostín
A nosa escola encheuse de cabazas, disfraces, castañas e música para celebrar o final do verán e a chegada do outono.
Textos literarios: O conto "Amelia quiere un perro". Aula de 4 anos
Esta proposta ten como obxectivo a aprendizaxe da lingua escrita a partir dun texto con significado e funcionalidade. Primeiro terá lugar a lectura do conto escollido pola persoa adulta, procurando que a protagonista sexa unha persoa; despois cada crianza de xeito individual a partir dunha descrición do personaxe principal, realizará o seu debuxo e escribirán con diferentes técnicas o nome da protagonista.
Deste xeito traballaremos o representación do esquema corporal, a identificación de personaxes dun texto, as propiedades dos textos literarios etc.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)












