Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas

lunes, 27 de abril de 2020

Os nosos contos

Aquì vos deixamos as recreacións das portadas que nos fixestes chegar.

Non sei onde lin unha vez, que, as persoas podemos atopar afinidade entre nòs segundo os libros que lemos; aquí temos o exemplo: non coñecemos aos nenos/as da EEI Rúa Aragón, pero seguro que os contos que len son moi parecidos aos que lemos nòs. Quen sabe se podemos crear unha bonita amizade grazas ás nosas Bibliotecas!
Moitìsimas grazas ás familias das dúas escolas. Sodes estupendas!


martes, 20 de septiembre de 2016

INFORMACIÓN IMPORTANTE


A BIBLIOTECA DE FAMILIAS COMEZARÁ A FUNCIONAR OS LUNS DE 4 A 5 A PARTIR DE OUTUBRO (CANDO COMECEN AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES).

miércoles, 11 de mayo de 2016

Máis refugallo coa mochimaleta!

Chulísima a nave espacial que trouxo Mateo e que fixo co libro de refugallo con plástico!


miércoles, 30 de marzo de 2016

Máis contacontos!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free digital slideshow generated with Smilebox

Contacontos na aula das abelliñas!

Inauguramos as sesións de contacontos na aula das abelliñas co papi de Antón. Graciñas Álex!!





jueves, 19 de febrero de 2015

lunes, 23 de abril de 2012

O Cullarapo Croque


Premede na imaxe para ver as fotos no blogue da Biblio!!

martes, 27 de marzo de 2012

NOVIDADES NO BLOGUE DA BIBLIO

Non vos esquezades e botádelle unha ollada! Xa está colgado o traballo que fixemos durante a Semana da Prensa. Seguro que vos vai encantar!!!

Facede clic na imaxe para acceder:


lunes, 21 de noviembre de 2011

NOVIDADES NO BLOGUE DA BIBLIO

Hai novidades no blogue de Bibliotegriña!


Premede na imaxe de Libriño para acceder

lunes, 24 de octubre de 2011

¡¡24 DE OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA!!

Hoxe celebramos este día tan importante con Libriño. Fixemos un marcapáxinas pintando a súa foto e púxose moi contento.


Logo descubrimos un novo conto titulado "AL MONSTRUO LE GUSTAN LOS LIBROS". É dun monstro que come contos porque non sabe para qué son, ata que vai a casa dun neno chamado Felipe, que lle ensina o divertidos que son e cómo temos que coidalos.


O máis terrible é que descubrimos que no cole temos moitos mostros que dan moito medo!!!

Mirade as fotos!

domingo, 3 de julio de 2011

BIBLIOTECA "RAMÓN TRIGO"

Vai un tempo que seguro algúns de vós, vos decatastes que a páxina da nosa Biblioteca e a nosa Biblioteca en sí, mudaron de nome. I é que é unha honra para nós o que a Biblioteca leve o nome dun dos nosos mais destacados artistas gráficos galegos, veciño de Teis e pai dalgúns dos nosos alumnos. Poderíamos continuar, louvando as calidades persoais que adornan ao noso admirado Ramón Trigo, pero en poucas veces como a de agora, unha foto expresa por si soa mais que mil palabras. A única magoa que temos é non ter un espazo mais acorde coa súa grandeza artística e persoal para ofrecerlle.


martes, 22 de marzo de 2011

O CUCO

Pouco a pouco e para que todos nos vaiamos acostumando imos ir envíando ao blogue da nosa biblioteca toda aquel material que teña referencia con aspectos mais "literarios", e durante un "período de adaptación" imosvos dar información delo dende o noso blogue principal (polo de agora). Para aceder ao post da Bibliotegriña bastará tan só con facer click enriba da imaxe.

cuco

viernes, 4 de febrero de 2011

NOVA PÁXINA DA BIBLIOTECA

Inauguramos unha nova páxina no blogue adicada exclusivamente á nosa Biblioteca. Nela poderedes coñecer de primeira man as novedades bibliográficas que se engaden á nosa Biblioteca a medida que van chegando, así como moitas outras novas que teñan relación con ela.



Para cambiar da páxina principal á da Biblioteca teredes que pulsar na parte superior onde indica a frecha.

jueves, 30 de octubre de 2008

VOLVEU LIBRIÑO


Por fin volveu libriño ao noso cole. Non é que tivese marchado, pero aínda non despertara desde as vacacións do verán. Agora xa está en plena forma, e os nenos e nenas do cole xa comenzaron cospréstamos da biblioteca.

viernes, 30 de noviembre de 2007

Profe Jacobo... ¡¡¡sorpresa!!!


Esta mañá @s nen@s de 5 anos tiñan unha sorpresa para o profe Jacobo, algo que estaban preparando dende hai mooooito tempo e tiñan o segredo moi ben gardado.
Como sabedes, Libriño é a mascota da nosa biblioteca. Pois ben... estes artistas e a profe Chus pintárono, puxéronlle medias, zapatos, lentes... ¡Deixárono guapísimo e puxérono na biblioteca! ¡Fixádevos qué ben lles quedou!
Despois, con todos os nervios e a emoción do momento, chamaron ó profe Jacobo para darlle a sorpresa.
Aquí tedes o video, ¿qué vos parece?

jueves, 8 de noviembre de 2007

Inauguramos a Biblioteca

Onte quedou inaugurada oficialmente a nosa Biblioteca. O profe Jacobo e Libriño estarán ó frente da mesma, e seguro que a visitaremos moito.
Algúns consellos para facilitar o seu funcionamento:
- @s nen@s da Escola poderán levar un libro da Biblioteca sempre que queiran, mentres non teñan outro na casa.
- Os familiares d@s nen@s poderán coller tamén libros, con independencia dos que collan os peques. Podedes vir ó cole á hora do recreo ou de 13.55 a 14.00 todos os días.
- Podemos ter o libro na casa como máximo unha semana.
- É moi importante respectar o material, para que tod@s poidamos disfrutar del moito tempo.

Un saúdo e... ¡a ler todo o que poidades!

sábado, 6 de octubre de 2007

¡Xa temos mascota da Biblioteca!

O venres fixemos a votación da mascota da Biblioteca. Como podedes ver nas fotos, pasámolo moi ben ;)
Non foi fácil, porque os candidatos eran todos moi chulis, pero tiñamos que elixir un... ¿Queredes saber quen gañou?





¡¡¡Moitas felicidades a Elías!!! ¡E graciñas a tod@s os que participaron na votación cos seus debuxos!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails