domingo, 12 de abril de 2020

O Tempo no espello

             

TEMPO; Definición: magnitude física coa que se mide a duración ou separación entre acontecementos. O tempo permite ordenar os sucesos en secuencias, establecendo, un pasado, un futuro e un terceiro conxunto de eventos nin pasados nin futuros respecto doutros. 


Alguén me dixo unha vez que O Tempo non ten realidade, non é tanxible, non é perceptible (vista, oído, tacto...).
Apreciamos intres de escuridade, de luz, cambios na natureza que atribuímos ao devir das estacións.
A humanidade necesita nomear o que non comprende "O Tempo". Unha serie de fenómenos atmosféricos; de segundos, minutos, horas, días... E o inabarcábel queda atrapado nas nosas mans coma un insecto.
Agora, nesta paradoxa creada pola vida, que é o Tempo?, onde está ese Tempo no que se suceden infinitas tarefas (levantarse, almorzar, vestirse, ir ao traballo, á escola... e volta).
Que facemos agora co Tempo?, ese refuxio que evita que nós miremos no espello. Cantas veces dixemos "... non teño tempo".
Para min...
Para ti...
Para ela...
Para el...
Para AMAR, COIDAR, ESCOITAR, SORRIR, VER... (A MIN, A TI).
Para observar:
Un paxaro...
Unha flor...
Unha árbore...
Un charco...
Diso si que saben as nenas e os nenos... 
Tempo para saborear, ulir, tocar, sentir... É mellor agocharse dos nosos pensamentos tras ese escudo protector.
Agora é o Tempo no espello, é o tempo do revés; das crianzas que disfrutan da persoa adulta, o Tempo da familia, de escoitar a natureza... de pedirlle perdón en silencio, desde a ventá.
A natureza sempre agradece e viste as súas mellores galas, branco, azul, verde, gris, vermella... nun baile de cores, para lembranos que somos UN, que somos un TODO. Agora e... SEMPRE.

"HAZ UNA PAUSA Y RESPIRA... SUELTA Y RELAJA... ÁBRETE A LA EXPERIENCIA... ESCUCHA EN PROFUNDIDAD... HABLA DESDE TU VERDAD... CONFÍA EN LO QUE SURGE... MOMENTO A MOMENTO".  Burbujas de Paz, Sylvia Comas.















No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails