Mostrando entradas con la etiqueta Fin de Curso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fin de Curso. Mostrar todas las entradas

lunes, 19 de septiembre de 2016

Video fin de curso 2016

Espectacular, especial, emotivo... Indescriptible! Tedes que velo. Sen palabras para agradecer aos papis de Carla este traballo tan marabilloso. GRAZAS MIL!!!!

IMPORTANTE: PARA VER O VÍDEO COMPLETO TEDES QUE DESCARGALO (DURACIÓN: 17'20")


jueves, 28 de junio de 2012

As Bolboretas en acción!!

Un anaquiño do baile das bolboretas: MOVE ROCK!!!!

domingo, 24 de junio de 2012

Segunda parte...

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a free picture slideshow

Excursión a Campo Lameiro

Primeira parte das fotos...    Continuará!!

Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
This free digital scrapbooking design created with Smilebox

miércoles, 29 de junio de 2011

FESTIVAL FIN DE CURSO 2010-2011

O festival deste ano foi unha celebración moi especial, onde non só se nos van alumnos cos que tantos ratos bos e malos, e tantos momentos de traballo compartimos, senón compañeiros e amigos dos que teremos que separarnos xeográficamente pero que sempre estarán connosco. No festival houbo momentos para todo: para pasalo ben, para amosar as calidades artísticas, para cantar e bailar, para o sorriso e para a emoción..., a pesar de que a tecnoloxía pretendese ir pola súa conta.

jueves, 1 de julio de 2010

GRADÚASE A PROMOCIÓN 2007/2010

"Neste día os nen@s escenifican o seu primeiro gran reto, o paso de Infantil a Primaria, recollendo o seu diploma de graduación en Ed. Infantil e unha orla. Canda eles, estivo compartindo ese día Sacapuntas a súa mascota que tantos momentos de traballo diario e sufrimento viviu como un compañeiro mais."

FESTIVAL FIN DE CURSO

Por fin (bo traballo nos custou) tedes dispoñible a festa rachada que fixemos para despedi-lo curso 2009/2010. Houbo momentos para a ledicia onde cantamos, bailamos, actuamos... e tamén houbo uns intres para a tristura ao ter que separarnos de alumnos e compañeiros cos que tan bos ratos pasamos durante este ano. Desexándovos a todos que o futuro (a algunhas o mais cercano) vós sexa propicio, imos ver a estes grandes intérpretes...

Chimpún

Dona Carme
Soy una taza
Quero ver como te ris
As PROFES Mamen e Sandra que se nos van
*Temos que agradecer a Nico e Miguel a súa colaboración na elaboración destes videos

martes, 29 de junio de 2010

FESTIVAL FIN DE CURSO. TRAILER PACO PAPÁN

Desta vez, os rapaces de 5 anos baixo a direción artística da profe Mamen, interpretaron esta obra infantil. É só un pequeno adianto da versión extendida que ides poder atopar no DVD que en Setembro poderedes recoller no centro cos traballos en video dos vosos fillos...

lunes, 16 de junio de 2008

REMATANDO O CURSO



Xa estamos na recta final do curso e, como sabedes, esta semana faremos moitas cousas. Aquí está o "calendario" para que non vos olvidedes de nada:

MÉRCORES 18: Entrega de traballos do 3º trimestre, boletíns e periódico escolar "Tegriña". Tamén enviaremos a lista de material para o próximo curso e o impreso de formalización de matrícula (o prazo comeza o día 20).

XOVES 19: Festa Fin de Curso. @s nen@s entran ás 9 e ata as 10,30 faremos diversas actividades nas aulas. A entrada das familias é de 10,30 a 10,45 (pedímosvos puntualidade).
Ás 10,45: Actuación d@s nen@s coa representación dun poemiña de Álvarez Blázquez. Entrega de Diplomas e Orlas. Proxección das fotos do curso.
De 11.30 a 12.30: Obradoiros de Animación e Xogos, contratados pola ANPA.
12.30: Merenda (organizada pola ANPA).

Non olvidedes que este día deben vir con pantalón vaqueros e camiseta branca.

VENRES 20: A ANPA organizou para este día unha xornada lúdica con merenda en Parkmon. Podedes traelos ao cole ás 9, ou ás 10 alí. Para recollelos, á 1 alí ou ás 2 no cole. ¡Non olvidedes os calcetíns!

¡¡¡FELICES VACACIÓNS!!!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails