Outra nova sesión de Valentes!
Seguimos aprendendo sobre a historia de Houda; desta vez, imos adicarlle unhas palabriñas ás persoas que nos necesitan. Temos que buscar só unha palabra para cada espazo que temos.
Falamos con eles/as, recordamos a historia se é preciso, e deixamos sacar a nosa parte máis emocional e empática. No medio pegamos unha fotografía, ou se non temos, podemos debuxarnos.
Despois, pensamos nunha bandeira que inclúa ao mundo enteiro. Que cremos que debería aparecer nesa bandeira?
Rematamos a historia de Houda, facendo unha autoavaliación; "paseamos" por todas as páxinas, e recordamos todo o que fixemos e sobre o que falamos para contestar a cada pregunta onde, tal e como vemos aí, debemos rodear "Moito", "Pouco" ou "Nada". Axudámoslle a sacar verbalmente as conclusións que seguro están a nivel emocional; soemos saber poñer palabras aos sentimentos de alegría, pero aos de tristeza cústanos un pouco, non si? É importante traballar tamén estes sentimentos e o xeito de expresalos dende idades temperás; non hai nada malo en que algo nos emocione; en moitas ocasións, se sacamos o que temos dentro cara fóra, podemos axudar a entrenar a nosa empatía.
Personalmente, esta historia, foi unha das que máis me gustou facer, xunto con Chus, a outra autora de Valentes; tén moitísima carga emocional, e así mo demostraron os Peixiños/as cando empezamos a traballala na aula: o que estaba planeado para unha sesión (ver o vídeo), levounos tres. Pedían ver o vídeo unha e outra vez, e, velos intentar transmitir verbalmente as emocións que teñen dentro, foi, para min unha experiencia inesquecible. E, unha vez máis puiden comprobar que os prexuízos que existen sobre moitos temas, creámolos nós cando nos imos facendo adultos. Eles/as, os pequenos/as non os teñen; son totalmente puros. E, unha vez máis, me deron unha lección de vida.
Encantaríame, se non é moita molestia para vós, que me transmitírades por Abalar (os/as que non o tedes, podedes deixar algún comentario aquí, ou ben dirixilo ao mail da escola), aspectos salientables das vosas charlas sobre este tema cos pequenos/as.
E...coma sempre, moitísimas grazas pola vosa colaboración!
2 comentarios:
Hola,Noa dice k las guerras no son buenas xk destruyen paises,casas,familias y se mueren personas ademas d k son oscuras y tristes,le gusta mas cuando houda encuentra otra casa en otro pais y otra familia xk se ve felicidad,colores,alegria aunke siempre recordaras a la fmlia aunke tengas otra,algo parecido a lo k stamos viviendo xk echamos d menos todo lo k antes haciamos y teniamos y ahora no podemos ni tenemos,un saludo
Moitìsimas gracias por compartir as vosas charlas con eles/as! Sonme de moita axuda! Un biquiño moi grande ♥️
Publicar un comentario