O que nos gustan a nós, as diferentes texturas, para a súa experimentación
a través do xogo!
É por iso, que vos
propoñemos diversas actividades con pasta, arroz, garavanzos, fabas e múltiples
sementes das que dispoñades nas vosas casas. A través deste recurso pódense realizar unha gran variedade de actividades:
- SENSORIAS e de MANIPULACIÓN: pódese optar por tinxir a pasta ou deixala como está. Se a tinximos, o podemos facer en crúo ou estando previamente cocida. Se o facemos con colorante alimenticio e a cocemos, @s nen@s, incluso a poderán comer. Se queredes tinxila e non tedes nin pintura, nin colorante alimenticio, podedes optar por colorantes naturais.
- Xogar aos MINIMUNDOS
- Facer xogos de LETRAS e NÚMEROS
- Construír MANDALAS e recorrer múltiples TRAZOS
- Crear verdadeiras obras de ARTE
- Representar a FIGURA HUMANA e facer MONEC@S: podedes facer plastilina caseira (3 medidas de fariña, 1 medida de sal fina,1 medida de auga, 3 culleradas de aceite e colorante).
- Así como, Diversos XOGOS
Esperamos que as desfrutedes!
2 comentarios:
¡Qué selección de propuestas!!😍
Gracias por acompañarnos desde el otro lado ! 😘💚
Grazas por todas as propostas!! Agora toca seleccionar as que lle gusten a Greta.
Publicar un comentario