Compartimos convosco a revista Tegriña deste curso "a toda cor", agardamos que vos guste!
Desfrutade do verán, familias!!
Compartimos convosco a revista Tegriña deste curso "a toda cor", agardamos que vos guste!
Desfrutade do verán, familias!!
Graciñas, ANPA, por subvencionar as actividades chulísimas de fin de curso...
Graciñas, Equipa Faísca, por facernos desfrutar...
Graciñas, Pitiñas, polas leccións de cada día durante estes tres anos...
FELIZ VERÁN. FELIZ VIDA ♥
O luns tivemos a sorte de escoitar e ver en directo a Pili, a nosa coidadora, co seu grupo de música OS ESCARAVELLOS. Que ratiño tan estupendo pasamos!! Mil graciñas, Escaravellos!
Parece que foi onte cando estabamos reunid@s en setembro informándovos sobre o Protocolo Covid e a organización deste curso tan "particular", e xa estamos na recta final...
Non podemos estar máis agradecidas polo voso respecto e cumprimento das medidas de seguridade, polo voso apoio e agarimo sempre, ao longo deste curso tan intenso e diferente.
Grazas por cada un dos folgos que nos foron chegando día tras día, polas verbas de ánimo e alento, tan necesarias!! GRAZAS!
E para un curso "atípico", temos que organizar tamén un final "diferente", pero sempre co obxectivo de que os nenos e nenas sexan os protagonistas e desfruten de cada un dos días deste mes de xuño.
Compartimos convosco as actividades que levaremos a cabo durante este mes (CLIC NA IMAXE PARA AMPLIAR).
![]() |
| xeometría |
![]() |
| lonxitude do pé e nº de zapato |
![]() |
| froitas e hortalizas en minúscula |
![]() |
| conteo, clasificación e descomposición numérica |
![]() |
| composición con cunchas |
![]() |
| achagamento a primavera |
Sempre dicimos que o noso cole ten MAXIA, porque todas as persoas que chegan aportan sempre cousas fermosas e deixan dalgún xeito a súa pegada. Tamén foi o caso de Ana e Nati, as nosas mestras de prácticas deste curso, que xa botamos en falta esta semana.
Grazas infinitas por tantos momentos compartidos, pola vosa implicación e agarimo... Contacontos teatralizados, sesións de psicomotricidade, actividades de alimentación saudable, acompañamento respectuoso aos vosos/nosos pequenos e pequenas... e un longo etcétera.
Moitos momentos fermosos que puidemos desfrutar dende novembro ata o pasado venres e que forman xa parte das nosas vivencias e quedan nos nosos corazóns.
Tedes as portiñas do cole sempre abertas, xa o sabedes. Moita sorte no camiño e esperamos a vosa visitiña moi pronto!