Mostrando entradas con la etiqueta Semana da paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Semana da paz. Mostrar todas las entradas

viernes, 2 de febrero de 2018

Contos pola PAZ co alumnado do IES “A Guía” en inglés, rumano e árabe.

Coñecer, na mayoría das situación, axuda a compreder e respectar, e fainos máis tolerantes e mellores. 
Por iso, nos queremos aproveitar todos os recursos que temos, para facer novas amigas e amigos cos que compartir para seguir coñecendo, aprendendo e medrando.

Nesta semana da Paz, como o ano anterior, tivemos con nos aos alumnos do IES “A Guía”, nunhas sesións de contacontos moi especiais, porque o fixeron en diferentes idiomas. E aínda que sonaba moi raro, gustáronnos moito, e xa queremos que veñan a compartir maís actividades con nós.

Na aula dos peixiños, escoitaron en inglés o contos titulado “XA VOOOOU!”




Na aula dos coelliños e coelliñas, escoitaron o conto titulado “¡NO!”




Na aula das ras, escoitoron en rumano, o contos titulado “ NO LAVAR ESTE OSO”

sábado, 4 de febrero de 2017

Lara e o seu papi Marco, contáronnos un conto pola paz en alemán.

Unha sesión especial, emotiva e divertida con este conto titulado "MUSS MAL PIPI", algo asi como, "que me mexo!!". Nel un neno coñece a través de diferentes persoas, que hai un código diferente para mexar, segundo os lugares nos que o fagas. Nalgún tes que sentarte, noutros facelo de pé, noutros poñer papel para non mancharte, etc. Menudo lío!!! Foron uns contacontos xeniais. Mil grazas.




Contos pola Paz co alumnado de 2º de Bachiller do IES "A Guía": en árabe, rumano e wólof.

O noso mundo está cheo de tantas persoas diferentes!!! Temos que apreoveitar esa diferenza para enriquecernos, sen medo. Porque coñecer axuda a respectar, valorar, facer amigos e medrar. Nos tivemos nesta "semana da PAZ" esa posibilidade, grazas aos contos e a alumnado de 2º de Bacharelato do IES "A Guía". Xuntos compartimos unhas sesións de contacontos moi especiais. Nelas escoitamos aos nosos amigos e amigas maiores, falar no seu idioma natal, que non é o noso. E aínda que non estendiamos "Nin papa", sonaban moi bonitos. Por iso, esta amizade continuará e compartiremos máis aventuras xuntos.   

Na aula dos coelliños, escoitaron en rumano o conto titulado ¡VAYA BESO!. Porque necesitamos bicos para vivir e ser felices, e neste conto hai bicos para todos e todas.






Na aula das ras, escoitaron en wólof, un dialecto senegales, o conto titulado "EL ZORRO HACE AMIGOS". Os amigos e amigas son imprescidibles nas nosas vidas e neste conto aprendemos a "Construír amigos e amigas". Porque aínda que pareza mentira, se pode facer.


Na aula das abelliñas, escoitaron en árabe o conto titulado : ¿DE QUÉ COLOR ES UN BESO?. Nel descubrimos que os bicos esconden emocións e por iso, poden ser de moitas cores, de calquera cor.
E despóis estiveron xogando coas cores para aprender o seu nome en galego, castelán, árabe e lingua de signos, grazas aos nenos que van a esa actividade escolar. 



jueves, 2 de febrero de 2017

Así compartimos e degustamos as nosas riquísimas mandalas da paz.

E despois de uns momentos de paz, cheos de música suave e tranquilidade... chegou o momento de compartilas cos nosos amigos e amigas.
Quedaron preciosas, quixemos probar un pouco de todo e como tiñamos moita fame, e estaban boiiiisimas, non quedou nada!!!



Unha mandala da paz salgada.

Os coelliños fixeron unha mandala con cousiñas salgadas: aceitunas, xamón, queixo, tomatitos, patatillas, etc.  Riquísima!!!





Unha mandala da paz con doces.

A mandala que fixeron as ras estaba chea de cousas que nos encantan: lacasitos, galletas, palitos con chocolate, etc. Que doce!!!






Unha mandala da paz con froita .

Esta foi a mandala que fixeron as abelliñas. Unha mandala con froita fresca, algún froito seco e froitos do bosque. Que pinta máis boa!!!






martes, 31 de enero de 2017

Apertas de balde co alumnado de 4º da ESO do IES "A Guía".

Seguindo coas actividades da semana da PAZ, e facendo un guiño á ONG “Paiasos sen fronteiras”, viñeron os alumnos e alumnas de 4º da ESO do IES “”A Guía”. Entre todos e todas, leron o decálogo da PAZ e encheron a nosa escola de apertas de balde que… nos encantaron. Porque dando apertas tamén fomentamos a PAZ, e así fixemos unha chea de amigos e amigas maiores!!! 







O noso circuito solidario para colaborar con UNICEF.

Este luns dentro das actividades para celebrar a semana da PAZ, tiñamos a tradicional carreira solidadaria. Pero como o tempo non acompañaba, fixemos o “Circuito solidario”, unha chea de xogos para colaborar cos nenos e nenas de Etiopía”.

En breve publicaremos o diñeiro recollido para este circuito, que ingresaremos nestes días, na cuenta bancaria de UNICEF. Graciñas por colaborar.






LinkWithin

Related Posts with Thumbnails