lunes, 20 de abril de 2020

Seguimos cos Peixiños Valentes!

Seguimos traballando coa historia de Houda.
Recordámola, e se é preciso volvemos a vela escaneando o QR.



Nesta fotografía,  vemos familias moi diferentes entre si, falamos sobre elas e deixamos que eles/as saquen as súas conclusións.


Todas se encandran no concepto de familia, como Matías e Xulián, que lle deron a Houda todo o amor do mundo e conseguiron que ela fose feliz para sempre, sen esquecer a Hala e a Samir.



Nesta fotografía, traballamos sobre o mapa. Localizamos onde vivimos nós e onde vivía Houda, en Siria. É, un "achegamento" aos mapas xeográficos, xa que é un concepto moi difícil para eles/as, o que pretendemos é, sinxelamente que o recoñezan, sen profundizar; falar sobre que aínda que pareza que está preto como o vemos no mapa, a realidade é moi diferente porque o mundo no que vivimos é moi grande e sería imposible debuxalo (podemos ensinarlle outros mapas que só sexan de España, outros de Galicia, e así poden recoñecer as formas dos lugares de xeito ampliado).



Nesta última fotografía vemos algúns dos países polos que pasou Houda, podemos reproducir a actividade nun folio, buscar as bandeiras nun libro ou na rede, debuxalas, completar o nome dos países e localizalos no mapa da fotografía anterior ( están marcados con cores).



Moitas grazas Peixiños e familias! Esperamos que para a próxima sesión de Valentes xa todos/as poidades ter o libro na casa para traballar máis a gusto.




No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails