jueves, 16 de abril de 2020

RECOMENDACIÓNS DE XOGOS ORAIS

Hoxe as recomendacións VOLUNTARIAS para facer estes días na casa son de xogos orais, e moi importante que os peques que non pronuncien ben non angustialos nin corrixilos senón ensinarlles a colocar a lingua ou os beizos para facelo ben, sendo nós o seu modelo de imitación.

 1. Facer teatros: podemos utilizar bonecos/ peluches, sombras coas mans ou figuras de papel, tamén podemos disfrazarnos con teas, pintarnos a cara e crear historias e interpretalas.  Nas fotos podemos ver como facer un teatro con papel e unha lanterna ou con cartón e teas. O obxectivo e facer historias coherentes intentando seguir un orde e sobre todo pasalo ben en familia.






2.  Inventar un conto utilizando tarxetas de contos. Eliximos 3 tarxetas: un personaxe, un lugar e un obxecto e ¡¡¡¡¡A CREAR!!!! Non fai falta imprimir as tarxetas.




3.   A APP Toontastic nos axuda a crear historias con personaxes e escenas que despois podemos ver e sobre todo escoitar.

4.  PRAXES: "O GUSANITO"Recordamos uns dos videos que traballamos nas aulas para facer praxes ( movementos coa boca) .  


5.   Actividade de sopro: soprar axuda a musculatura dos beizos e a tomar conciencia e ter mellor coordinación da respiración, xa que traballamos o control, a forza e a direccionalidad do sopro. 
  • Facer carreiras con pallas e pompons, algodón ou boliñas de Plastilina, papel. Podemos poñer un vaso ao final do circuíto e intentar meter a bola nel.

 

Espero que o pasedes moi ben, bicos e moito ánimo.






LinkWithin

Related Posts with Thumbnails