Premede na imaxe de Libriño para acceder
domingo, 29 de noviembre de 2020
miércoles, 25 de noviembre de 2020
Escola de familias - Marian Cobelas
Poñemos en marcha a Escola de Familias!! Este ano, de momento, de xeito virtual. Animámosvos a participar neste encontro con Marián Cobelas o día 10 de decembro a través de ZOOM.
Inscricións para familias do cole a través do correo electrónico
eei.montedaguia@edu.xunta.gal
domingo, 22 de noviembre de 2020
Reciclaxe útiles de escritura
Informámosvos que a nosa escola participa no programa de reciclaxe de instrumentos de escritura de Terracycle, unha empresa que se encarga dos residuos que son difíciles de reciclar.
Aquí podedes consultar os elementos permitidos, que podedes deixar no noso punto de recollida:
domingo, 15 de noviembre de 2020
viernes, 13 de noviembre de 2020
Como tinguir pasta para o xogo sensorial
MATERIAIS NECESARIOS:
- Pasta seca (calquera forma)
- Pintura normal (témpera ou acrílico)
- Bolsas ou tupper para mesturar
MÉTODO: Bota pasta nas bolsas ou tupper. Engade a cor da pintura que desexes e mestura ben. Coloca sobre panos de papel ou unha bandexa e deixa secar durante 1-2 horas. Feito!.
Agora vexamos algunhas formas divertidas de xogar e usar o novo material sensorial.
- Botar nunha bandexa e xogar a encher e baleirar recipientes con paletas ou culleres. Engadir rolos de cartón para que deixen caer a pasta, moldes de muffins, bandexas de cubos de xeo ou caixas de ovos.
Venres de música!
Para acabar a semana bailando e festexar que xa remata a nosa corentena, compartimos convosco hoxe a playlist do último disco da GRAMOLA GOMINOLA: BRAVAS, O REXURDIR DA LUZ. Rock en galego para cantar e bailar sen parar!
jueves, 12 de noviembre de 2020
Xogar con plástilina. Aula das pitiñas/os
Experimentar con materiais e texturas é un xeito moi creativo e efectivo de aprender. Para isto as manualidades con plastilina e masa de modelar son xeniais. O outono é o momento ideal para experimentar con pegadas (huellas) de follas, flores e froitos. Esta actividade permitirá coñecer a morfoloxía dos elementos da natureza e desenvolver a capacidade de observación, isto é interesante xa que na aula das pitas/os estamos a traballar as árbores que temos no patio (mirabel, maceira, salgueiro, moreira, acacia, castiñeiro, nogueira, camelia e magnolia), e as súas follas. Así como as partes das mesmas (pecíolo, limbo, nervadura e base).
MATERIAIS: follas, flores, froitos, pólas...
PARA FACER A MASA: 1cunca de sal fina, 1 cunca de auga, 3 cuncas de fariña, 2 cullaradas de aceite
Mesturamos todo e amasamos. Formamos boliñas de masa e esmagamos sobre a folla ou flor e aplanamos. Ou ben colocamos a folla enriba e presionamos para que deixe a pegada. Retiramos a folla ou flor e deixamos secar a lo menos 15h., despois cocemos no forno a 100º ata que estean duras. Podemos deixalas brancas ou colorear.
Vivenciar as lecturas
Os contos abren un enorme mundo á imaxinación e o coñecemento, para pequenos e maiores. Un momento máxico comeza cada vez que se abre un contiño, sempre!
A propostiña de Biblioteca de hoxe vai encamiñada a vivenciar esas lecturas de xeito manipulativo. Dar vida aos personaxes dalgún contiño que teñades na casa, empregando calquera recurso que estea ao voso alcance (tapóns, rolos de papel, teas, botellas...). Deixade que os peques sexan os protagonistas destas creacións, e acompañádeos durante a proposta.
Mesturamos así os MINIMUNDOS co PLACER DA LECTURA, dúas actividades que combinan moi ben e seguro que desfrutaredes un montón.
Sabedes que na escola empregamos moito as "pezas soltas" e hoxe imos utilizalas inspirándonos nas imaxes ou na historia dalgún conto.
Aquí tedes unha idea:
Que traballamos con esta actividade? Atención e escoita activa, toma de decisións, xogo simbólico, estruturación espacial e representación, motricidade fina, estimulación sensorial, linguaxe oral, vocabulario, creatividade...
Esta actividade ten varias fases:
1º Elección do conto entre os que teñades na casa
2º Lectura
3º Conversa: como podemos representar un escenario deste conto, que elementos podemos empregar, como o facemos, en que lugar o colocamos...
4º Elección dos elementos que necesitamos e do espazo que imos empregar
5º Representación
En todo este proceso: falamos, decidimos, escoitamos, seleccionamos materiais, facemos, desfacemos... xunt@s!
O máis importante non é o resultado final, senon o PROCESO: respectar a súa tarefa, deixarlles facer, acompañar mentres toman decisións e resolven conflitos que poidan xurdir, permanecer ao seu carón intervindo nos momentos que son imprescindibles, sen guiar a actividade.
Desfrutádea!
miércoles, 11 de noviembre de 2020
Xogamos coas letras e os números na aula das pitas/os
Bailamos na casa!
martes, 10 de noviembre de 2020
Viaje espacial
Hace varias semanas que Bruxi y Draco se han ido y aún no sabemos muy bien donde están, si están en Vigo o si al final han conseguido hacer su viaje al espacio. Hoy he recibido un video que ponía para as Tegriñas y no lo puedo abrir así que os lo pongo y sí lo veis por favor mandarme un audio al correo "domontedaguia@gmail.com" comentándome si sabéis donde están y que están haciendo. Espero vuestras respuestas Gracias. SARA
lunes, 9 de noviembre de 2020
Como favorecer a aprendizaxe na casa. Pitiñas/os
Momentos de caos, preocupación, emocións a flor de pel. De súpeto rompemos as rutinas do cole, actividades, xuntanzas con amigas/os... situacións que provocan desequilibrio. E temos que buscar novas formas de relacionarnos, de ser e estar no mundo.
A ferramenta máis importante para xestionar todas as emocións que xorden coa infancia é o xogo. É interesante que as crianzas teñan acceso a unha grande variedade de actividades e materiais abertos, con múltiples posibilidades, sen necesidade de custe algún, senón que poden ser obxectos da nosa vida cotiá.
É importante non tomalo como unha obriga, senón unha oportunidade de adaptarse ao mundo, vivir dun xeito máis lento e valorar o feito de pasar tempo coa familia. Aquí tedes algunhas propostas, que espero que vos axuden.
1.Xogos con xeo e auga: a auga é un dos elementos da natureza que máis atrae as crianzas. Conéctaos co natural, coa súa esencia. O xogo sensorial con xeo e auga favorece a aprendizaxe experimental, a exploración e a manipulación.
6. Xogo de roles para a aprendizaxe das letras e números: a configuración deste tipo de xogo axuda ás crianzas a ler e escribir dun xeito natural, non abstracto e sen relación coa vida cotiá. Por exp.; engadir etiquetas a súa cociña de xoguete e que pregunten que din esas palabras; ou facer un xogo de café e engadir un menú, colocando un papel e bolígrafo para que tomen notas.
viernes, 6 de noviembre de 2020
"Semana do Medo"
Un pequeno resumo da "Semana do medo" das Formiguiñ@s...
No blogge da biblio podedes botarlle un ollo ao conxuro terrorífico:
https://bibliotegrinha.blogspot.com/2020/11/conxuro-terrorifico.html
Propostas para a aula das pitas/os
Bo día familias, biquiños e apertas para todas e todos. Aínda que non poidamos vernos, temos ferramentas como esta que nos achegan un pouquiño, e nos axudan a compartir experiencias e recursos.
Gustaríame compartir con vos algunhas actividades sinxelas de números e letras, que podedes adaptar facilmente aos recursos que tedes na casa.
Explorando as matemáticas: actividades de identificación númerica e asociación coa cantidade correspondente.
jueves, 5 de noviembre de 2020
Colaboramos na casa
miércoles, 4 de noviembre de 2020
martes, 3 de noviembre de 2020
Correos electrónicos aulas
Aula de 5 anos, OS PITIÑOS: pitasmontedaguia@gmail.com
DO: domontedaguia@gmail.com
EEI monte da guía: eei.montedaguia@gmail.com