martes, 3 de noviembre de 2020

"The most loving monster in the world"

Boas familias! 
 Para rematar con Halloween, aquí vos deixo unha historia baseada no conto "Bedtime for Monsters": resulta que hai un monstro que vive debaixo da miña cama, e parece que me vai comer....pero....Mirade, mirade! 
 Aínda que é un conto pensado para os nosos Dinos, hoxe vírono os nenos/as de 4 e mañá na escola traballarán con el os nenos/as de 5. Así que o poden disrutar tod@s tamén na casa.

Recomendacións: 
 Antes de velo, poñédeos en contexto: decídelle que é un conto de Halloween, que ao principio pode dar un pouco de medo, pero que, véndoo ata o final, non hai nada que temer! Teacher tén un monstro debaixo da súa cama que está trazando un plan para comela, pero...non todo é o que parece!

A primeira vez que o vexades, non o paredes, que o vexan ata o final; cando remate facédelle preguntas xerais sobre que cren que pasou na historia. Aquí é onde lle podedes explicar que o monstro só me quería espertar para que lle preparase o almorzo (é a ultima secuencia: "Are you hungry, monster? Time to preprare your breakfast!"), e tén unha maneira moi peculiar de espertarme! A bicos! (the most loving monster in the world) 
 En canto ao que podemos facer fincapé, é en vocabulario e expresións como: 
 -Good night! (boas noites) 
 -I´m hungry (teño fame!) 
 -Numbers: 1-5 (conta atrás) 
 -Let´s go! (Imos alá!!) 
 -Ready, steady, go! (preparados, listos, xa!) 
 -Jump! (saltar) 
 Espero que vos guste. 
Calquera dúbida, podedes escribir ben aquí na opción de comentarios ou ao meu abalar! 
 Non queda nada familias! Prontiño nos vemos!

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails