XOGO DE CONSTRUCCIÓN DE PALABRAS: Cando as crianzas xa recoñecen e din os diferentes sons, podemos practicar a seguinte actividade, que consiste en cortar algúns anacos de papel, cartón ou cartolina e escribir palabras utilizando tres sons (unha sílaba): sal, pan, sol, can, mar, pé... ou dúas sílabas: gato, mapa, lume, figo... Colocamos as tarxetas enriba dunha mesa. Teñen que escoller unha, ler o que está escrito e formar as palabras utilizando letras soltas en papel, tapóns de botellas co abecedario, letras de madeira etc. Aquí tedes un exemplo
XOGANDO COS NÚMEROS (iniciación á suma): as matemáticas poden parecer complexas para moitas crianzas. Sobre todo, se as traballamos de forma abstracta. As nenas e nenos desta idade comprenden o mundo de xeito manipulativo; por iso a utilización de materiais variados axudará neste proceso. Unha vez que coñecen os números e a súa escritura podemos xogar a engadir cantidades. Para realizar esta proposta necesitamos dous dados e material para contar (botóns, pasta...), pode ser o mesmo para as dúas cantidades ou diferente. Tirar, contar, buscar e escribir a cantidade total!!


No hay comentarios:
Publicar un comentario