Bo día familias, biquiños e apertas para todas e todos. Aínda que non poidamos vernos, temos ferramentas como esta que nos achegan un pouquiño, e nos axudan a compartir experiencias e recursos.
Gustaríame compartir con vos algunhas actividades sinxelas de números e letras, que podedes adaptar facilmente aos recursos que tedes na casa.
Explorando as matemáticas: actividades de identificación númerica e asociación coa cantidade correspondente.
Nunha cartolina ou folla de papel branca escribides unha listiña de numeros similar a esta. As crianzas terán que buscar o número que lle indiquedes ou o que elas e eles escollan, se tedes números de madeira, plástico o en tarxetas de papel feitos por vós, podedes utilizalos para ter como referencia, como na imaxe. Para colocar ao lado do número que está enriba ou sinalar os números que atopen poden utilizar calquera obxecto pequeno.
Esta actividade forma parte dun conxunto de propostas que fixemos para Samaín e que só realizou un grupo pequeno antes da corentena; podedes realizala na casa nun folla de papel ou cartolina, facendo un tableiro no que as crianzas teñan que buscar os números do 1-20. Podedes mesturar números e letras para facela máis complexa.
Xogo de exploración fonética: a ensinanza da fonética é unha parte vital do desenvolvemento da lectura nas crianzas, xunto co recoñecento visual das diferentes grafías (letras). A comprensión de como os grafemas (letras) teñen sentido foneticamente (teñen un son), axuda as nenas/os a decodificar palabras e iniciarse na lectoescritura.
Nesta actividade tedes que escribir cada letra do abecedario en maiúscula, nunha folla ou cartolina. Unha vez feito, dicir en voz alta o son que desexamos que a crianza atope e facemos que identifique a letra correspondente. Colocar enriba dela algún elemento, por exemplo: garavanzos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario