jueves, 12 de noviembre de 2020

Xogar con plástilina. Aula das pitiñas/os

 Experimentar con materiais e texturas é un xeito moi creativo e efectivo de aprender. Para isto as manualidades con plastilina e masa de modelar son xeniais. O outono é o momento ideal para experimentar con pegadas (huellas) de follas, flores e froitos. Esta actividade permitirá coñecer a morfoloxía dos elementos da natureza e desenvolver a capacidade de observación, isto é interesante xa que na aula das pitas/os estamos a traballar as árbores que temos no patio (mirabel, maceira, salgueiro, moreira, acacia, castiñeiro, nogueira, camelia e magnolia), e as súas follas. Así como as partes das mesmas (pecíolo, limbo, nervadura e base). 

MATERIAIS: follas, flores, froitos, pólas...

PARA  FACER A MASA: 1cunca de sal fina, 1 cunca de auga, 3 cuncas de fariña, 2 cullaradas de aceite

Mesturamos todo e amasamos. Formamos boliñas de masa e esmagamos sobre a folla ou flor e aplanamos. Ou ben colocamos a folla enriba e presionamos para que deixe a pegada. Retiramos a folla ou flor e deixamos secar a lo menos 15h., despois cocemos no forno a 100º ata que estean duras. Podemos deixalas brancas ou colorear.

Beneficios de xogar con plastilina: As propiedades moldeables da plastilina fan que sexa divertida para a investigación e exploración, así como para desenvolver a forza en tódolos músculos e tendóns da man.
Empuxar obxectos e sacalos da plastilina fortalece os músculos da man e a coordinación . Pódese esmagar, apertar, enrolar, aplanar, picar, curtar, marcar, pinchar... cada unha destas accións axuda ao desenvolvemento da motricidade fina de xeito diferente, a coordinación man-ollo e a concentración xeral. Se engadimos outros elementos a lista de beneficios e posibilidades de xogo aumenta:

- Rodete para amasar, coitelos de plástico, piñas, paus, follas, cunchas, botóns, letras, números, pasta...

Tan pronto como introducimos elementos de xogo aberto a plastilina transfórmase nun medio perfecto para o xogo imaxinativo. Ten efectos excelentes para aliviar o estrés e pode resultar moi terapéutica. Para as crianzas con dificultades para expresar emocións, usar masa mentres falan e cantan pode axudar neste proceso.
Podemos engadir cores, sabores e texturas como: cacao en pó, xenxibre. canela, cúrcuma reladura de froita, aceites esenciais... arroz, cus-cus, sementes (sésamo, amapola), area, serraduras.







No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails