viernes, 13 de noviembre de 2020

Como tinguir pasta para o xogo sensorial

 MATERIAIS NECESARIOS

- Pasta seca (calquera forma)

- Pintura normal (témpera ou acrílico)

- Bolsas ou tupper para mesturar

MÉTODO: Bota pasta nas bolsas ou tupper. Engade a cor da pintura que desexes e mestura ben. Coloca sobre panos de papel ou unha bandexa e deixa secar durante 1-2 horas. Feito!.

Agora vexamos algunhas formas divertidas de xogar e usar o novo material sensorial.

- Botar nunha bandexa e xogar a encher e baleirar recipientes con paletas ou culleres. Engadir rolos de cartón para que deixen caer a pasta, moldes de muffins, bandexas de cubos de xeo ou caixas de ovos.

- Usar vasos de papel de cores para a clasificación. Engadir pinzas xigantes para fomentar o desenvolvemento de habilidades motoras finas mentres xogan.
Podedes engadir animais pequenos e crear unha escena de xogo nun mundo pequeno!. As posibilidades son infindas e esta pasta pódese utilizar de moitas maneiras; desde xogos sensoriais ata contar, ordenar, clasificar e facer un collage.
Ata o luns!, Disfrutade!

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails