A idea é simplemente que sigan en contacto co Inglés e que sigan vendo ao seu referente da lingua na escola. O vídeo é moi intuitivo, e aínda que non entendan todas as palabras, o importante é que comprendan o contexto xeral.
Poderán escoitar palabriñas que estamos aprendendo na aula así como a canción que empregamos para esta tempada de Halloween (despois do conxuro, déixovos o enlace á canción).
A primeira vez que vexan o vídeo, recomendo non paralo, senón que o vexan atá o final. Unha vez remate, podedes facerlle preguntas sobre o contexto xeral (en castelán ou galego) como por exemplo:
-Quen aparece no vídeo?
-Que está facendo?
-Quen é Witchy the Witch? ( a bruxa que aparece ó final xa é coñecida por todos/as, que a empregamos na aula de Inglés e gústalles un montón)
...e todas as preguntas que se vos ocorran.
A segunda vez que o vexades, si o podedes ir parando e repetindo e facendo que repitan algún vocabulario como:
-Pumpkin ( podemos aproveitar para insistir no color "Orange")
-Spider (color "Black")
-Monster ( color "Green")
-Bat ( volvemos a repetir "Black")
-Snake ( color "Purple")
Pois aquí vos deixo o conxuro e o enlace á canción! Espero que lles guste! Podedes escribirme as impresións dos nenos/as ou preguntarme calquera dúbida en comentarios, ou ben por abalar.
Ánimo familias!
No hay comentarios:
Publicar un comentario