jueves, 30 de noviembre de 2017

A cor marrón e os chocogatos.

Unha das cousas que queriamos facer no proxecto, era debuxar con chocolate e por iso, debuxamos chocogatos. Moi ricos, por certo!!!



 E mentres pintabamos, aproveitamos para falar desta cor . Descubrimos moitas cousas con ela. Que nos gusta por unhas, como porque é a cor do colacao, da nocilla, do chocolate que están boísimos.
E que non nos gusta por outras. Por exemplo, porque é a cor da cacá que cheira fatal. E o mellor de todo, foi ver que pasa o mesmo con todas as cores. Que son bonitas e ás veces non tanto, depende!!!

Por iso, decidimos traballar so coa cor marrón nesta actividade. Ata para terminar o noso cadro dos chocogatos, con marco e todo. Mirade que chulada!!!



No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails