jueves, 30 de noviembre de 2017

Darío, Paul klee e "El gato y el pájaro"

Hoxe Darío foi un profe xenial e aprendimos un pouco máis de Paul Klee, o pintor. Primeiro, presenoúnos á súa familia, incluido o gato chamado "Bimbo".
 Logo, coñecimos as cinco cousas que máis lle gustaban: a natureza, os violíns e a música, pintar con acuarelas, os paxaros polos seus Trinos e a cidade de New york. Onde está un museo que ten o seu cadro de o gato e o paxaro.

 E trouxo unha sorpresa que nos encantou. Un paxaro que "trinaba" de verdade e que todos e todas fixemos trinar. Eso sí, despois de limparlle a cola, por onde soplabamos.

Tamén, ensinounos o cadro de "Gato y pájaro" que fixo el. Era igualiño que o de Paul Klee, impresionante!!! E démoslle un aplauso enorme.
Despois, contounos o conto que narra a historia deste gato e deste paxaro. Unha historia fermosa que fala do significado da liberdade. Que non por ter moitas cousas, somos máis ricos. De como unha casa pode ser unha xaula. De que un simple paseo pola natureza pode ser o máis maravilloso e divertido do mundo....
 Unha historia que tivo momentos de desconfianza, porque o gato parecía querer comer ao paxaro. Pero que remata xenia!!! Porque fala da importancia de ter amigos, que nos poden axudar, como o paxaro que libera ao gato. Por iso, sempre o vai levar na súa mente, na súa memoria.
E Paul Klee debuxou ao gato co paxaro na súa fronte.
 E rematamos o día, facendo unha das cousas que máis lle gustaba a Paul Klee e a Darío. Pintamos con acuarelas e fixemos unhas obras de arte... moi nosas e moi chulas!!!



1 comentario:

Cristina dijo...

Gracias profe Elena por mostrarnos estos momentos tan bonitos!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails