Hoxe tivemos unha clase moi interesante. Brandán falou dun piano de gatos que fixeron hai moitos anos. Contóunos unha historia que dixo: "es un poco triste. Vale, chicos? Pero no pasa nada. No pasa nada porque el piano ya no existe, vale?".
Contóunos a hitoria ensinándonos a foto dese piano. Metían os gatos e gatas nunha xaulas e o rabo estaba debaixo das teclas. Cando as personas tocaban o piano, os gatos e gatas miaban porque lles facían dano. Porque lles aplastaban a cola!!!
Tanta tristura non nos apetecía. Por iso, xogamos a facer un piano parecido pero que nos fixera rir. Un onde Brandán o pianista, tocábanos o cú.
Logo, ensinóunos un piano de xoguetes con gatitos de peluche e tamén o probamos. Tocando e miando como gatos e gatas.
Despóis, falounos dun "Consitor" que sempre tiña dous gatos miando na súa ventana. Chamábase Rossini e como lle gustaban tanto, fíxolles unha canción "O dueto dos gatos". E vimos como o facían nalgúns teatros chicas e chicos e miaban como gatos e gatas.
Tamén trouxo a partitura do dueto, onde vimos como se escribe a música. Algúns recoñecían o pentagrama e a clave de sol. Vimos de que non se fai con letras, que se fai coas notas musicais. Falamos da súa forma e nomes. E Brandán regalóunos unha partitura baleira, para que inventaramos nos, na casa, unha ópera.
Rematada a actividade, fíxenlles unha proposta: ¿Inventamos unha ópera gatuna, escribímola todos xuntos na pizarra e cantámola? E por suposto, así o fixemos.
Tivemos moi pouco tempo para aprendela pero son uns xenios!!!!
E para representar a nosa curta pero magnífica "ópera gatuna", puxémonos de gala!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario