Continuamos co fin de aproveitar os recursos que adoitamos ter na casa. Nesta
ocasión é a quenda dos ESCARVADENTES. A través deste recurso pódense
realizar unha gran variedade de actividades:
- Realización de EXPERIMENTOS para agudizar a observación: Experimento da absorción de auga e o método para xerminar ósos/sementes de aguacate.
- Facer xogos de LETRAS
- LÓXICA
MATEMÁTICA: xogos cos
números e as formas xeométricas.
- Crear verdadeiras obras de ARTE
- Representar MONEC@S e a FIGURA HUMANA
- Así como, Diversos XOGOS: elaboración dunha buxaina, xogo de motricidade fina, clasificación de cores e grandes construcións.
Deixámosvos de novo a receita para elaborar plastilina caseira
posto que, aparece na maioría dos xogos. Leva 3 medidas de fariña, 1 medida de sal fina, 1 medida de auga, 3 culleradas de aceite e colorante. Amasar con
moito tesón e agarimo!
Se tedes algunha dúbida na realización das propostas podedes preguntar. Esperamos que as desfrutedes moito!
No hay comentarios:
Publicar un comentario