jueves, 28 de mayo de 2020

Xogo oral

Hoxe  deixovos un video cun xogo moi fácil e rápido de facer, co que imos traballar varios aspectos:

Vocabulario : podemos usar animais, alimentos, coches ou calquera xoguete que teñamos na casa.
Agudeza visual, atención e memoria: temos que estar atentos para poder lembrar os obxectos.
Pronunciación: intentaremos coller obxectos que conteñan os fonema R,S,Z... que son os máis difíciles para eles.

PASOS:
1. Recordar o nome dos obxectos. Cos peques de 3 anos empezar con 3 ou 4 obxectos e ir ampliando.
2. Coller un recipiente para agochar os obxectos ( podedes esconder varios para facelo máis difícil)
3. Pechar os ollos
4. Agochar os obxectos
5. Abrir ollos e a pensar


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails