O barro natural é un material moi atraente para as crianzas (unha vez superado o rexeitamento inicial dalgunhas nenas/os). O obxectivo é explorar e manipular o barro, de forma que as crianzas tomen conciencia da posibilidade de transformación deste material en diferentes formas e estados. A partir do contacto co barro as nenas/os experimentan diferentes texturas, temperaturas... transforman e adquiren coñecemento.
✿
No hay comentarios:
Publicar un comentario