viernes, 8 de diciembre de 2023

Aula das flores. "Debuxo"

 Cando o debuxo aínda non ten unha función representativa do mundo é sinxelamente unha forma de expresión (a crianza debuxa mentres camiña, baila, respira e pousa as súas mans...).

Antes de que o debuxo teña o poder de contar historias, a liña traduce as sensacións vivas da nena/o, e as percepcións que aínda carecen de comprensión.

A acción corporal reflicte os impulsos e intensidades...

Podemos deducir (se transcendemos a idea de debuxar "bonito"), polas calidades expresivas da liña e as súas variacións, como se sente, percibe así mesma/o e o mundo a nena/o.

A liña é información sobre as sensibilidades; e a sensibilidade é parte do corpo que pensa, actúa e sente.

















No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails