| Ambientación |
Creamos na aula dous espazos nos que levaremos a cabo varias propostas
ATENCIÓN Á RESPIRACIÓN (respiración en grupo):
Sabedes respirar?:
- Canto aire sodes capaces de coller?
- Soltar o aire pausadamente, agora máis rápido
- Soprar moi forte intentando mover obxectos afastados
Pedras da respiración:
Con pedras pequeniñas practicaremos unha respiración atenta. Sentadas/os en círculo colocamos as pedras no lado dereito do noso corpo, mentres inhalamos subimos unha a unha as pedras e as colocamos na outra man, e ao expirar baixámolas ao lado contrario.
DINÁMICA TENSIÓN-RELAXACIÓN:
Con esta dinámica axudamos a soltar tensións e dispor dun corpo máis relaxado. Seguindo diferentes consignas as nenas/os irán contraendo e relaxando difentes partes do corpo, por exemplo "imaxinamos que temos un limón en cada man e apertamos con forza".
MASAXE "VISITA AO SALÓN DE PEITEADO"
Nesta proposta un grupo de crianzas sentan nas cadeiras, e o grupo restante fai de peiteador/a seguindo as instrucións: botamos o xampú e damos unha masaxe na cabeza, a caluga, detrás das orellas, ...simulamos o son da auga e quitamos suavemente a escuma, sopramos para secar o pelo...
Ao rematar preguntamos como resultou a experiencia e como se sentiron .
No hay comentarios:
Publicar un comentario