Esta proposta ten como punto de partida o xogo espontáneo das crianzas. Un dos materiais que máis interese e curiosidade provoca é un conxunto de pezas translúcidas imantadas; que a diario, dan lugar a multitude de construcións de forma e complexidade diversa.
Tomando como base estas construcións, introducimos o debuxo como elemento de observación. Nun papel de tamaño A3, con diferentes materiais (rotuladores, ceras graxas e pasteis...), as crianzas debuxan o que crearon. Deste xeito, establécese unha relación entre o tridimensional e bidimensional. Así abordan as formas, as percorren, atenden aos detalles e entenden que hai distintas perspectivas e xeitos de ver.
Desenvolvendo o hábito do debuxo como ollada persoal ou documentación das cousas que fan, descobren ou inventan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario