sábado, 16 de abril de 2022

Interaccionar con auga

 Imos sabendo máis sobre a Auga e a importancia do seu uso axeitado como recurso medioambiental. 

Poñemos o foco nos pequenos actos diarios como lavar as mans, limparnos, regar as plantas, beber, experimentar etc. 

Presenteilles as crianzas unha bandexa de xeo cunha xerra e auga. Cada unha botou un pouco nun buraco e levámola ao frigorífico. Ao día seguinte, despois de moitas cábalas, comprobaron que había xeo e que estaba moi frío. Comprobaron tamén o contraste de textura e temperatura ao mesturar os xeos con escuma.

Propúxenlles pintar con xeo e para iso tiñan que botar un pouco de témpera da cor que elixisen e outro pouco de auga nas bandexas de xeo. Despois puxémoslle anacos de paus de madeira para suxeitalos. 



No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails