jueves, 14 de abril de 2022

Debuxo colaborativo. Aula de 4

 O debuxo colaborativo é aquel que realizamos en grupo. Este tipo de debuxo contribúe a evitar os prexuízos cara ao noso propio traballo, porque o resultado é a suma de todas as achegas individuais. Cada unha das crianzas debuxou a característica que se describe nese momento. Unha vez acabada pasaron o papel a súa compañeira/o, que debuxou o elemento descrito a continuación , rotando así o debuxo. O resultado son tantos debuxos como participantes. Todas as crianzas quixeron participar na proposta e ningunha nena/o expresou a habitual frase "non sei debuxar". 

Esta proposta colaborativa axuda ás crianzas a superar o medo a debuxar e permite observar a variedade de representacións a partir dunha mesma descripción froito da diversidade de interpretacións. 




No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails