sábado, 6 de noviembre de 2021

Percusión con refugallo!


Quen sabe que é o refugallo? Con esta pregunta comezou o obradoiro de Matrácala.

A cativada da escola tivo a oportunidade de pasar un intre diferente, ameno e divertido a través de obxectos que nos arrodean diariamente e aos cales non damos un novo uso ou nin sequera pensamos niso.

Latas, cubos, garrafas de auga... todo vale para facer música!

Ademáis de achegar as crianzas a resonancia do seu propio corpo, destacou a estimulación da capacidade crítica, o descubrimento de novos intereses e o compromiso do coidado do medio ambiente e das demáis persoas.



1 comentario:

Anónimo dijo...

Bonita iniciativa

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails