sábado, 6 de noviembre de 2021

A Cabaza e a súa numerosa familia

Este outono e coa chegada do Samaín, tivemos o entusiasmo de novamente espallar e revitalizar na cativada a orixe da festa milenaria celta.

Gozaron moito observando, sentindo, cheirando e saboreando diferentes froitas da familia da famosa cabaza.

A súa mellor diversión foi cortar o cogombro, o melón, a cabaciña e a cabaza.

Finalmente, acabaron facendo o que máis lles gusta... sentir de mil formas a pintura nas súas mans e noutros elementos.

Coa nosa guía e a súa continua evolución emocional, aos poucos vanse regulando á hora de facer estas actividades. Séntense libres pero tamén responsables de limpar e ordenar o espazo.



No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails