Experimento de escalada do arco da vella (material):
Cando pintemos o arco da vella con rotulador temos que deixalo secar antes de botarlle auga. Podemos colocar a tira de papel en vertical ou pregala pola metade e pintar os dous extremos, como indica na imaxe.
Lóxica-matemática (pensamento crítico e razoamento):
As actividades para as crianzas non teñen que ser complexas para resultar divertidas. Podemos reunir algúns dos xoguetes favoritos das nenas/os e utilizalos nunha investigación científica interesante e práctica. Que necesitamos?:
- Báscula (de cociña)
- Xoguetes de diferentes tamaños e peso (coches/outros)
- Caderno (para rexistrar os achados)
- Axudamos as crianzas a reunir de 5 a 10 automóbiles de xoguete ou outro obxecto pequeno da súa elección, e unha báscula.
- Facemos hipóteses sobre cal será o máis lixeiro ou pesado (podemos rexistrar no caderno)
- Pesamos cada un dos coches e anotamos no caderno o peso de cada automóbil (podemos escribir ou debuxar)
- Ordenamos os coches nunha rengleira desde o máis lixeiro ata o máis pesado
- Verificamos as hipóteses
Cada vez que as crianzas realizan unha investigación formal, ou de xeito informal mentres xogan; están desenvolvendo importantes habilidades de pensamento crítico, sobre todo cando comparan os resulatdos coas súas predicións e verbalizan por que foi "correcto" ou non. Moitas veces a suposición "incorrecta", produce unha maior aprendizaxe. As crinazas máis pequenas poden organizar os autos por propiedades distintas ao peso, poden agrupalos segundo o tamaño, cor, tipo etc.
Lectoescritura:
Recoñecemento de letras mediante xogos que estimulan a búsqueda.
- CAMIÓN: Reunir as letras que necesites para formar palabras (con ou sen modelo), ou simplemente pedirlle á crianza que busque unha letra en concreto e a leve a outro lugar
- SOPLAR: colocar porterías en cada letra e intentar levar a pelota á letra indicada pola persoa adulta ou escollida pola nena/o
- DISPARAR: buscar unha letra e disparar ou lanzar unha pelota
- FÚTBOL: semellante ao xogo anterior pero traballando con todo o corpo
- MATAMOSCAS: Na búsqueda das moscas-letra que a persoa adulta nomea en voz alta.
- PELOTA: Tirar a pelota mentres nomeamos unha letra. A/o que recolle a pelota ten que sinalar a letra e tirar ao tempo que menciona outra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario