Como sabedes a nosa Escola colabora desde fai seis anos co programa de
educación medioambiental “Voz Natura”, da Voz de Galicia. Este programa ten
como obxectivo concienciar e implicar á comunidade escolar de Galicia na
recuperación e defensa da natureza.
Este curso 2019-20, o noso proxecto “Un mundo sen plástico nas nosas mans”,
incluíu actividades orientadas a reducir a produción e consumo de plásticos,
buscando alternativas máis sostibles e respectuosas co medioambiente (merendas
saudables, amigo invisible etc.)
Agora que estamos na casa por motivo da
pandemia por coronavirus, e moitas familias facedes uso do material de refugo
para deseñar actividades para as crianzas, contribuíndo deste xeito a xerar
menos residuos e reducir o consumo. Gustaríanos compartir estas experiencias e
actividades co programa “Voz Natura”, enviándolle fotografías das propostas de
lectoescritura, números, natureza (se tedes patio), arte… nas que o material de
refugallo sexa o protagonista. Entendendo que, unha vez enviadas autorizades a
súa difusión na Voz de Galicia e na páxina de Facebook de voznatura.
É algo totalmente opcional. As fotos enviaríanse ao correo do cole. Bicos e
apertas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario