lunes, 4 de mayo de 2020

Peixiñ@s Valentes!

Aquí tedes unha nova sesión para Valentes.
Desta vez decidín gravala en vídeo para que non resultara tan complicada. Ao non verlle as caras e non ter "feedback" deles/as resúltame difícil saber se lles gusta, ou lles resulta moi longo, ou se hai cousas que paso por alto sen darme conta; por iso espero as vosas respostas cando o fagades, para así poder cambiar o método ou seguir así nalgunha ocasión.

A idea desta actividade é que teñan control de números de todas as maneiras posibles, e que desenvolvan a lóxica matemática dende os inicios; aínda que vos pareza un pouco lioso ó principio, deste xeito, "enredan" cos números en diferentes formas, o que lles permitirá máis adiante facer cada vez operacións máis complicadas.

Parade o vídeo cando sexa preciso, e, coma sempre, non tedes que facelo todo nun día; se vedes que se cansan, deixádelo para o seguinte.

Pode que algún neno/a non asistise a aula algún día dos que falo no vídeo, espero que poidan seguilo ben,  por iso procurei facer un repaso rápido do que vimos na escola.

Espero que vos sirva de axuda.

Moito ánimo familias!






3 comentarios:

Unknown dijo...

Teacher nos encanto la sesion y como a Noa le encantan los numeros keria seguir,asi k deseando k llegue el lunes,bikiños y saludos se os echa d menos

Unknown dijo...

Nos encantó la actividad!! Mil gracias teacher. Un besiño muy grande de Aroa.

Tegriña dijo...

Moitas gracias! Alégrame moito que lles gustara!! Un beixiño moi moi grande para Noa e Aroa♥️♥️

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails