Nestes días estranos botamos a vista atrás e parece mentira o rápido que pasou o tempo. Canto medramos... eu tamén convosco!
Revisando os iPads da aula atopei centos de fotos feitas por vós que son auténticos tesouros, porque en cada unha delas só vexo unha cousa: FELICIDADE. Instantes conxelados en forma de fotografía de momentos totalmente espontáneos, nos que non estaba detrás a mirada do adulto. MAXIA.
Ese é o comezo do vídeo... A segunda metade é a mirada das persoas adultas que vos colleron da man durante os primeiros días na escola, preparando materiais e espazos para que todo fose perfecto, dando apertas cando máis as precisabades, camiñando ao voso carón para dar pequenos pasiños cada día...
Con todo o cariño... unha de lembranzas para este final de maio tan diferente ao que nunca imaxinamos ♥
4 comentarios:
Por favooooooor �������� de verdad ������
Y parece k fue ayer.. ....graciass x videos como estos y k haya mas jejeje
Que bonitiñas esas miradas... Graciñas por compartir estas lembranzas. 😍
Madre mia que bonito😍😍😍🥰 😅
Publicar un comentario